Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Fran Alonso revoluciona con Poetic@ a interrelación entre poesía e redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Fran Alonso revoluciona con Poetic@ a interrelación entre poesía e redes

Redacción
Publicado: 23/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

capa_poetica.jpgCrear é experimentar. O labor literario, artístico, plástico, adquire cotas referenciais cando se trata de procurar o novo, o nunca visto, homenaxeando ao mesmo tempo todo o que se fixera ata ese intre. Buscar en todo o sentido termo semella ser un dos piares da web Poetic@.gal, unha nova iniciativa en liña que é coma unha praza dixital con múltiples vieiros que desembocan nela, que parten dela, e cuxas contornas artéllanse nas seguintes áreas/seccións: Teoría do banal, Ciberpoesía, Epitafio e Postdata. A “praza dixital” foi argallada e inaugurada polo escritor galego Fran Alonso, autor de obras tan referenciais como Silencio, Males de cabeza ou o libro de poemas Transición, achegas nas que latexaba, noutro formato, a mesma arela de innovación que vén de propiciar Poetic@.gal.
No texto de presentación da web fornécense unhas cantas claves sobre a natureza do novo proxecto de Fran Alonso: “Múltiples fíos entrelázanse coa incorporación da publicidade, da voz coloquial, do enredo, do discurso político, do slogan, do recurso web, das propostas en vídeo ou en audio, da música, do emoticono, da canción infantil e de materiais lingüísticos de procedencia diversa”. Polo tanto, como ben lembran dende a canle dixital do CCG, estamos ante unha páxina que amais de complementar o texto literario que lle dá nome e do que abrolla (o poemario Poetic@s), afonda en como se relacionan todos os seus elementos, impulsando o debate sobre as razóns de ser da poesía cunha obra participativa “na que o hipertexto, máis aló de cumprir unha función informativa, pode cambiar o sentido do poema”, engade o autor. E así co resto dos elementos multimedia que acompañan a obra/web e que son tan ricos, por separado e en conxunto, como para influír decididamente nas sensacións que nos provocan os poemas.
Segundo apunta o Consello da Cultura Galega, estamos sen dúbida ante un proxecto pioneiro no desenvolvemento da poesía electrónica en Galicia. Non só por todo o devandito, senón pola extensa variedade dos elementos que agardan polo lector que se mergulle nestas páxinas: vídeos, fotografías, audio de recitados, ambientes sonoros, tests, adiviñas, sinaturas en liña ou ligazóns externas. O propio Alonso explica que a intención era “meter un pouco de todo, sobre todo das redes sociais. Tiña moito interese en Twitter, Tumblr e Facebook. Pero en xeral os recursos que introducín eran os que ía pedindo o texto”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?