Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inaugúrase a semana da creatividade e as TIC de Ourense, Ourense ICCWeek
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inaugúrase a semana da creatividade e as TIC de Ourense, Ourense ICCWeek

Redacción
Publicado: 24/03/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

ourense_week_inauguracion.jpgFinalmente inaugurouse este luns no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense o que ben pode ser cualificado de evento artístico e tecnolóxico da tempada. Falamos da Semana das Industriais Culturais e Creativas Ourense ICCWeek, unha cita que xuntará ata o vindeiro sábado a reputados e punteiros profesionais dos ámbitos do audiovisual, o emprendemento e as novas tecnoloxías. A semana, que tamén está aberta ao público en xeral, foi inaugurada polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, xunto co relator Pau Rausell, doutor e profesor titular do Departamento de Economía Aplicada da Universitat de Valencia, quen falou do Impacto das industrias culturais e creativas nos territorios.
O programa de Ourense ICCWeek inclúe relatorios, entrevistas, unha net party, concertos, demostracións, rede negocios e sesións mestras sobre radio, cinema, TV, industria musical, novas tendencias tecnolóxicas, aplicacións e vídeo-xogos. Estas actividades desenvolveranse no Pazo dos Deportes Paco Pazo e en diferentes vilas da provincia de Ourense.
Manuel Baltar sinalou na apertura das sesións que Ourense ICCWeek “é un evento que se vai consolidar nos próximos anos e que fará que a cidade e a provincia sexan referentes da creatividade, porque este é un territorio esencialmente creativo e poderemos contribuír así a seguir dándolle un pulo cultural e innovador á nosa provincia”. Baltar salientou tamén que Ourense ICCWeek “nace cunha visión integral de provincia pois promove e difunde a nosa cultura e riqueza monumental a cal se complementa coas iniciativas de vangarda que se están a dar nos ámbitos tecnolóxico, artístico e audiovisual e que poderán coñecerse no marco desta iniciativa”.
Logo do acto inaugural e do relatorio de Pau Rausell celebrouse o concerto de The cinematic sound ensemble, acompañado dunha cata de viño Ribeiro cortesía do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.
Os obxectivos da semana e das actividades que acubilla, que se prolongarán en boa medida no tempo, son presentar a Ourense “como unha área economicamente atractiva e industrialmente ben dotada, con infraestruturas e comunicacións de primeiro nivel, que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais, e atraer expertos de diversos eidos tecnolóxicos e marcas de referencia para fixar no tempo relacións e contactos profesionais”, explica a Deputación, que engade que tamén se quere “transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios, dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia”.
O programa de actividades que se vai desenvolver na semana do 23 ao 28 de marzo abrangue os seguintes apartados:

  • ICCWEEK: ao redor de 30 participantes, expertos en diferentes áreas presentarán charlas, cursos ou xornadas de traballo.
  • ICCNET PARTY: é o punto de encontro de fanáticos da informática radical, gamers e desenvolvedores. Un espazo de conexión xigante que permite interactuar a centos de participantes con velocidades de rede astronómicas e todo o necesario para unha experiencia virtual extrema.
  • ICCEXPO: venres e sábado. Unha feira con máis de 50 empresas do sector audiovisual e de formación especializada en industrias creativas.
  • ICCTOUR: unha forma diferente de vivir a experiencia profesional.
  • ICCNETWORKING: networking a tarde noite do xoves, unha actuación, charla e reunión cos medios.
  • ICCEXPOCONCERT: un concerto para todos os públicos no Pazo dos Deportes Paco Paz.

Os relatorios e charlas técnicas desenvolveranse en Celanova (Mosteiro de San Salvador), Esgos (Mosteiro de San Pedro de Rocas) e Vilamarín (Pazo de Vilamarín), sendo os temas que se abordarán A industria da música e os seus axentes, O marco legal dos dereitos de autor e a propiedade intelectual, O mundo da vídeo-creación, Vídeo-xogos e tendencias dixitais, Os novos retos do audio e a produción musical e O futuro do cinema visto polos seus protagonistas.
Nos concertos, que se celebrarán o sábado, día 28, no Pazo dos Deportes Paco Paz actuarán Electric Feels, Isaac Torgal Dj, Marlango, Aurora & The Betrayers e Wöyza.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?