Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O programa Apego para a transmisión do galego aos nenos fará comunidade na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O programa Apego para a transmisión do galego aos nenos fará comunidade na Rede

Redacción
Publicado: 24/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

apego_galego.jpgEste 23 de marzo presentouse no consistorio de Compostela o programa Apego, unha iniciativa impulsada por unha ducia de concellos galegos que se dirixe a fortalecer as canles de transmisión do galego de cara as novas xeracións, precisamente as máis necesitadas de ambientes onde se fale a nosa lingua con total normalidade. Amais do de Santiago, xuntan forzas en Apego os Servizos de Normalización Lingüística dos seguintes concellos: A Baña, Carballo, Carnota, Ferrol, Narón, Negreira, Ourense, Pontevedra, Redondela, Rois e Vigo. A iniciativa, que está aberta e convida á participación de todo tipo de axentes políticos e sociais comprometidos coa conservación da lingua, terá espazo en liña de seu para informar do desenvolvemento do programa e permitir o acceso a materiais de apoio.
Ademais, crearase comunidade TIC para dar acubillo ás familias que aposten pola crianza en galego ou que estean interesadas nela. Na comunidade terán información específica e máis todo tipo de recursos de apoio.
As accións devanditas e as restantes que acubille o proxecto serán deseñadas conxuntamente polos concellos participantes. O obxectivo é crear unha imaxe homoxénea sen que iso sexa incompatible coas realidades concretas de cada concello. Amais da web, a rede comunitaria e o deseño común haberá campañas informativas off line (nos espazos decote empregados para atender ás mulleres nos embarazados e ás familias interesadas en adoptar), material para as mulleres que vaian ter unha crianza (libros, álbums, colantes) e a edición de 5.000 CD de acollida para os novos nacementos e adopcións cunha escolma de música que se adapte aos diferentes intres da crianza.
A iniciativa foi impulsada por técnicas e técnicos dos Servizos de Normalización Lingüística dos devanditos concellos. Apego comezará a súa andaina por volta do mes de maio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?