Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange participa nunha aplicación para facer un cine máis accesible
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange participa nunha aplicación para facer un cine máis accesible

Redacción
Publicado: 24/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cine_accesibel_once_orange.jpgO cinema achegarase un pouco máis a aqueles que teñen dificultades visuais grazas ao proxecto Cinema accesible levado a cabo pola fundación Orange e Navarra de Cinema mediante unha primeira experiencia a través do filme Pride (Orgullo), unha comedia británica dirixida por Matthew Warchus que se estreaba o pasado 20 de marzo nas salas de cinema. Cómpre subliñar que a película en cuestión será accesible a discapacitados visuais en case un total de 70 salas de toda España a través da aplicación AudescMobile de ONCE, formando parte dunha iniciativa na que desta volta se suma ao equipo a distribuidora cinematográfica Golem.
Cinema accesible xorde grazas á aplicación AudescMobile, que se lanza de balde para que as persoas con discapacidade visual dispoñan duns auriculares persoais dende os cales poderán seguir o filme. A aplicación exponse a xeito de audioguía, a descrición das situacións e as reaccións dos personaxes tentarán axudar a contextualizar e comprender o argumento. Unha contextualización que se combina coa acción dos propios diálogos e sons orixinais do filme escoitado a través do equipo de son da sala.
Para ser máis exactos, foi en xaneiro deste ano cando este acordo de colaboración se poñía en marcha, incluíndose unha audiodescrición dos filmes adaptados por Cinema Accesible a: Autómata, As ovellas non perden o tren ou Samba.
Alén disto, informar que a Fundación Orange e Navarra de Cinema seguen a traballar a prol de que as persoas con discapacidades sensoriais poidan acudir ás salas de cinema, e para iso teñen en marcha outra iniciativa con subtítulos específicos (con códigos de cores) para as persoas con discapacidade auditiva.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?