Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os enxeñeiros de Telecomunicación promoverán a incorporación das TIC no ámbito médico da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os enxeñeiros de Telecomunicación promoverán a incorporación das TIC no ámbito médico da Coruña

Redacción
Publicado: 25/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

aetg_sinatura_medicos.jpgO Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia vai traballar arreo na incorporación das novas tecnoloxías no ámbito galego da saúde. Así se deu a coñecer este mércores na Coruña durante a sinatura dun convenio entre a devandita entidade profesional e o Colexio Oficial de Médicos da Provincia. No acto participaron os presidentes de ámbalas plataformas, por unha banda Ramón Bermúdez de Castro (COETG/AETG) e pola outra Luciano Vidán. Os dous aproveitaron a sinatura do acordo para valorar positivamente a colaboración, que redundará, coincidiron, “no beneficio dos colectivos profesionais aos que representan, e tamén no do conxunto da cidadanía”.
Bermúdez e Vidán tamén achegaron detalles sobre as actividades concretas a desenvolver, as primeiras das cales son unhas xornadas técnicas de carácter práctico para divulgar o uso de aplicacións móbiles no eido da clínica médica. Desenvolveranse os días 23 e 24 de abril, en sesión de tarde, na sede do Colexio Médico, na avenida de Salvador de Madariaga 66 na Coruña. Serán impartidas por enxeñeiros de telecomunicación do Colexio Oficial de Galicia e levaranse a cabo en dúas salas distintas, para facilitar a participación dos asistentes.
O primeiro día, a partir das 17.00 horas, os temas a tratar serán a aplicación de dispositivos móbiles na consulta médica, a procura de información e axuda ao diagnóstico, a xestión de citas e utilidades, e a atención á diabetes, hipertensión (tensión alta), dermatoloxía e hipercolesterolemia (colesterol alto).
O día 24 de abril, a previsión é avaliar algunhas recomendacións prácticas na selección de aplicacións, amais de falar do seu uso para o rexistro e seguimento dos datos, control do tratamento, control da insuficiencia cardíaca, a enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), a artrose e a osteoporose.
Volvendo ao evento celebrado este mércores, o presidente da AETG asegurou durante a rolda de prensa que “temos unha excelente sanidade, unha das mellores do mundo, pero podemos perder esa posición de vangarda se non a facemos sustentable e conectada co futuro, coas novas tecnoloxías e os novos tratamentos”. Na súa opinión, “os enxeñeiros de telecomunicación están preparados para esa nova revolución tecnolóxica e sanitaria”. Deste xeito, pódese contar co colectivo, engadiu, “para que o noso sistema de saúde non pereza ou perda en calidade coa crise, senón que salia anovado e fortalecido”.
Pola súa banda, Luciano Vidán, sinalou que “Con Internet apareceu un novo tipo de enfermo, o paciente Internet positivo, que terá unha maior e máis fiable información científica, e poderá elixir os mellores médicos e hospitais, porque estes datos serán públicos na Rede”. Ao seu xuízo, “mesmo será posible o control da saúde a distancia, con biosensores localizados nos vestidos ou nos domicilios”.
No futuro, fixeron saber Vidán e Bermúdez, o convenio marco entre os dous colexios dará acubillo a outras iniciativas, entre as que se contan cursos de formación, conferencias, seminarios, publicacións divulgativas, proxectos de investigación “e calquera outro asunto que poida resultar de interese para a colexiación de médicos e enxeñeiros de telecomunicación”, explicaron.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?