Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentada en Becerreá a web de Tic-Tac Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentada en Becerreá a web de Tic-Tac Lugo

Redacción
Publicado: 25/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tic_tac_lugo.jpgOnte tiña lugar no Fogar Residencial O Cereixal de Becerreá a entrega dos diplomas acreditativos aos 12 maiores da localidade que participaron no programa Memoria Dixital Tic-Tac, unha actividade de balde que achegou a Deputación a maiores de 55 anos de todos os concellos da provincia co obxectivo de fomentar o envellecemento activo mediante o uso das novas tecnoloxías. A actuación enmárcase na liña de Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo.
Cómpre engadir que na mesma entrega se aproveitou para presentar de xeito oficial a web do Tic-tac Lugo, xa dispoñible, que recolle o primeiro banco audiovisual de recordos da provincia, gravado nos 10 obradoiros celebrados en varios concellos lugueses.
No acto de entrega de diplomas, o Deputado de Xestión Territorial e Alcalde de Becerreá, Manuel Martínez (quen entregou os galardóns), salientou a importancia desta idea coa que “preservamos e compartimos o legado da nosa comarca mantendo vivas as historias e recordos dunha xeración de lugueses que superaron o medio século de vida”. Nesta liña, subliñou que o programa serviu “para introducir aos participantes no mundo das novas tecnoloxías, xa que foron eles os que gravaron cunha tableta as súas propias experiencias e aprenderon a manexar este tipo de dispositivos, tan correntes hoxe no noso día a día”.
En canto a Memoria Dixital Tic-Tac, dicir que constou dun total de 10 obradoiros, que se desenvolveron (xunto co de Becerreá) nos concellos de: Viveiro, Outeiro de Rei, Portomarín, A Pontenova, Láncara, Monforte de Lemos, Guitiriz, A Fonsagrada e O Incio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?