Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As aplicacións e a biotecnoloxía, eixes dos equipos gañadores dos INCUVI-Emprende (Campus de Vigo)
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As aplicacións e a biotecnoloxía, eixes dos equipos gañadores dos INCUVI-Emprende (Campus de Vigo)

Redacción
Publicado: 26/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_incuvi_emprende_2015_campus_vigo.jpgA cuarta edición dos Premios INCUVI-Emprende resolveuse os días pasados e esta semana colleu pulo coa incorporación das iniciativas gañadoras aos tres campus da UVigo: o Campus de Pontevedra (cos seus catro proxectos xa en marcha), o de Ourense (con outras catro iniciativas recibindo enerxías na Preincubadora da Tecnópole) e o de Vigo, con seis novas empresas buscando o seu camiño no INCUVI da Cidade Universitaria. Respecto a estas últimas, as start-ups que collerán impulso en Vigo, dicir que ocuparon oficialmente os seus postos na incubadora de Vigo e que pertencen a eidos como a biomedicina, a asesoría forestal, o desenvolvemento de aplicacións e mesmo o achegamento das tecnoloxías á infancia de xeito lúdico.
Segundo explica a Universidade, alén dun espazo no que medrar, as novas iniciativas recibirán formación, asesoramento e a posibilidade de compartir experiencia con outros emprendedores e emprendedoras, “para que así podan converter os seus proxectos en realidades”. As gañadoras e gañadores desta edición dos premios, amais de gozaren dunha subvención sobre os custos da estadía nos espazos INCUVI de Cidade Universitaria, recibirán un teléfono fixo e outro móbil, un dispositivo de web, un bono formación de 1.000 euros para cada compoñente dos proxectos e asistencia gratuíta a cursos organizados por diferentes entidades empresariais.
Unha destas seis propostas é Diente de Tiburón, achega por Stefan Stefanov, Nina Yarovenko, Rafael Pardo e Alejandro Ámez. Trátase dunha iniciativa que ten o seu alicerce nunha patente orixinada na Universidade de Vigo e baseada no dente de quenlla para o seu uso como produto biomédico en tratamentos odontolóxicos e maxilofaciais.
Tamén ocupa o seu sitio en INCUVI a nova empresa Apps que non cambian, de Xavier Mouriño, unha iniciativa que salienta a “posibilidade de obter contactos para poder dar a coñecer no ámbito público os nosos produtos”, aplicacións web para facilitar a vida das persoas, que por exemplo, queren facer o Camiño de Santiago ou saber como coordinar diferentes alternativas de transporte público.
Impulsar o que se coñece como sociedades de fomento forestal ou promover que os propietarios se unan para xestionar as parcelas da maneira o máis eficiente posible é o punto de partida de outra das propostas, Soforest, unha iniciativa de Pilar Larrán, á que acompañará a súa irmá estudante de Ciencias Económicas e Empresariais. Segundo apuntan, un dos principais retos que afrontan é convencer aos propietarios e propietarias duns terreos, “aos que é posible darlles outros usos”, comentan.
Pola súa banda Jonathan Rodríguez, promotor de Chatty Hive, informou que coa súa aplicación desenvolvida xa nun 80% pretende con esta iniciativa “cubrir un oco agora existente no caso de redes sociais para fomentar a comunicación sobre temas de interese, poñendo o acento precisamente nos temas sobre os que se conversa e non nos perfís das persoas que participan”.
Por último, Vigocorre e RobotyLab, promovidos por Sergio García e Alberto Álvarez, respectivamente, apóianse directamente no desenvolvemento de aplicacións de software e no achegamento das tecnoloxías a nenas e nenos: ese será o seu cometido principal. No no primeiro caso trátase dunha app específica para corredores “e coa que ofrecemos servizos como rexistros de percorridos ou plans de exercicio físico”, explica García, e o segundo consiste nun proxecto que se pon en marcha coa idea de facer chegar as novas tecnoloxías ao mundo infantil da forma máis lúdica, “a través de obradoiros e actividades e tamén a través dunha comunidade virtual”, sinala Álvarez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?