Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os gañadores dos Premios INCUVI-Emprende por Pontevedra incorpóranse á sede local de AJE
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os gañadores dos Premios INCUVI-Emprende por Pontevedra incorpóranse á sede local de AJE

Redacción
Publicado: 26/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_campus_pontevedra_aje_ganadores_incuvi.jpgTamén houbo gañadores da cuarta edición dos Premios INCUVI-Emprende (Universidade de Vigo) polo Campus de Pontevedra, trátase de catro empresas co nexo común da innovación que veñen de comezar xa, oficialmente, a súa andaina nos espazos de emprendemento da sede de AJE (Asociación de Empresarios Novos). Estamos a falar, máis polo miúdo, de dúas iniciativas gañadoras e outros dous proxectos distinguidos cun accésit. As catro propostas disporán dun espazo no que desenvolverse ao longo dun ano. A súa chegada a AJE materializouse coa entrega das chaves de dous dos despachos do espazo para emprendedores da sede da asociación e máis da sala de coworking que ocuparán os seleccionados cun accésit. Falamos dos seguintes proxectos: Beltaine, Atec Creative Solutions, E-Natura e Cervexa Artesá.
Sobre a conserveira Beltaine, sinalar que vén da man de Xosé Rial, Pilar Varela, Alfonso Villanueva e Pablo Argibay. A súa intención é “darlle unha volta ao concepto da conserva e convertela nunha experiencia”. Intentar levar a alta cociña a este tipo de produtos é o obxectivo central dunha iniciativa que agardan “poder sacar adiante” na súa estadía nesta incubadora, dado que “na nosa área os contactos que se podan xerar grazas a iniciativas como esta son indispensables”.
No que se refire a Atec, informar que vén da man dunha estudante de doutoramento da Facultade de Belas Artes, Tania Pérez, e que trata de propor un “binomio entre imaxe e tecnoloxía”, no que a creatividade e a innovación vaian da man. A iniciativa, nas súas palabras, diríxese a “apoiarse mutuamente nestas dúas disciplinas” tanto para ofrecer unha serie de servizos a particulares e PEME, “como para desenvolver as nosas propias aplicacións”. A emprendedora tamén adiantou que arestora está a traballar nun panel de xestión para inmobiliarias.
Amais dos proxectos devanditos, no espazo de coworking de AJE asentaranse E-Natura, unha empresa que ten como piares as enerxías renovables e a enxeñaría forestal, e Cervexa Artesá, un proxecto no que un grupo de titulados dos Campus de Vigo e Ourense estudarán as posibilidades de poñer en marcha “un centro de produción e investigación” sobre esta bebida.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?