Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha universidade da India quere aplicar en Bombai un modelo semellante a Granxafamiliar.com
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha universidade da India quere aplicar en Bombai un modelo semellante a Granxafamiliar.com

Redacción
Publicado: 26/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

usc_granxafamiliar_india.jpgA plataforma Granxafamiliar.com para a presentación e distribución en liña de produtos das nosas explotacións familiares do rural espertou nestes anos recentes o interese de representantes académicos da India, máis polo miúdo da Universidade BAMU de Aurangabad (Maharashtra State-India), que xa informou que ten entre os seus obxectivos o desenvolvemento dunha iniciativa semellante na contorna de Bombai. O interese da dita institución educativa hindú pola plataforma galega materializouse definitivamente esta semana cunha xuntanza entre membros da Universidade BAMU e representantes do GIST-IDEGA (Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio do IDEGA, Universidade de Santiago).
Segundo fai saber a USC, a delegación hindú tamén salientou a potencialidade para o seu territorio doutro dos proxectos do grupo galego de investigación, o museo etnográfico virtual piloto galiciaautentica.org. Na xuntanza participou o director do proxecto na USC, o profesor Carlos Ferrás, quen deu continuidade con esta reunión aos contactos que comezaron en maio de 2013 coa visita a unha granxa familiar galega en Casa dos Caseiros, na aldea de Xornes-Ponteceso, que participa no proxecto. Nestes sucesivos encontros, reflicte a USC, xurdiron intereses compartidos entre Galicia e Maharashtra respecto ao impulso e valorización da agricultura familiar “como unha estratexia de desenvolvemento económico rexional e obxectivo de investigación e innovación”. Segundo se engade, coa cita desta semana ábrese un calendario de traballo para estudar as posibilidades de financiamento e necesidades técnicas para o deseño e implantación dun sistema semellante na Universidade BAMU.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?