Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EscolaTIC amosará en abril múltiples xeitos de achegar ensino co apoio das novas tecnoloxías
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EscolaTIC amosará en abril múltiples xeitos de achegar ensino co apoio das novas tecnoloxías

Redacción
Publicado: 27/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

escolatic-2.jpgO Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago de Compostela, en San Lázaro, vai acoller os días vindeiros a segunda entrega de EscolaTIC, un encontro sobre novas tecnoloxías e o seu potencial no ámbito docente. A xuntanza, que se celebra os días 17 e 18 de abril, encamíñanse a achegar recursos e claves a todo o profesorado da nosa terra: recursos e claves sobre como impulsar e reforzar a actividade formativa pola vía das novas ferramentas. As Xornadas EscolaTIC2015, segundo nos contan os organizadores, abranguerán “conferencias de figuras nacionais de grande relevancia no ámbito educativo”, relatorios sobre experiencias de integración da tecnoloxía nas aulas, obradoiros prácticos e unha sala aberta para debates.
O evento vén da man da Consellería de Cultura e Educación e das Estruturas de Formación Permanente do Profesorado. Acerca do programa e dos relatores, contarase (entre outros) coa presenza de Linda Castañeda, Andrea Giráldez e César Poyatos, que serán os conferenciantes plenarios e as súas charlas versarán sobre o desenvolvemento das competencias docentes no mundo tecnolóxico, a creatividade e o emprego dispositivos de forma efectiva e creativa. A maiores, a idea é brindar un escenario-oportunidade para que docentes de toda a nosa xeografía amosen as súas experiencias coas TIC nas clases e en ámbitos como a creación audiovisual, a robótica, o uso de portafolios dixitais, o proceso de mesturar xogos e aprendizaxe, a lectoescritura con tabletas, a introdución do alumnado na programación informática ou a creación de material multimedia. Estes son, de feito, algúns dos piares temáticos das xornadas, uns encontros nos que tamén se tirará partido dos códigos QR para que os participantes amosen e compartan as súas vivencias coas TIC.
Por outra banda, o evento acubillará obradoiros e actividades de índole práctica sobre a introdución das novas tecnoloxías nas aulas galegas, accións onde se achegará a oportunidade de manexar robots, programar aplicacións ou dar forma a novos produtos audiovisuais.
Polo que respecta a outro dos ámbitos das xornadas, a Sala Aberta, sinalar que aberta se presenta ante todo como un foro de debate. Segundo explican os organizadores de EscolaTIC, os temas desta edición son os dereitos de autor e licenzas de uso, as redes sociais na educación, os desafíos dixitais para un cambio educativo, a formación docente en novas tecnoloxías e, por último, as TIC e as NEAE.
Como dixemos, esta actividade está organizada pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e as Estruturas de Formación Permanente do Profesorado, que conta con certificación de calidade baseándose na Norma UNE-EN ISO 9001:2008, para potenciar o desenvolvemento profesional do profesorado galego.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?