Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Seguen adiante este venres as actividades de Ourense ICCWeek
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Seguen adiante este venres as actividades de Ourense ICCWeek

Redacción
Publicado: 27/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O produtor musical internacional Pino Sagliocco ofrecerá este venres, ás 20.15 horas, no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense unha conferencia titulada 35 anos de Rock&Roll, enmarcada no Foro La Región e convocada ao abeiro das actividades da Ourense ICCWeek. O produtor musical será presentado polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar. Segundo avanza o organismo provincial, o carácter visionario e innovador de Sagliocco permitiulle ser o executor de boa parte dos concertos máis relevantes das últimas décadas, a nivel internacional.
O programa de actividades da Ourense ICCWeek para este venres complétase con charlas técnicas sobre produción e unha masterclass de vídeo-creación, que se desenvolverán no Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense.
Na sesión da mañá (de 11.00 a 14.00 horas), Gabriel Solsona (TVE) e Manuel Cora (Codicine) falarán sobre Métodos vangardistas en produción e post-produción do audio multicanle para Broadcast e Cine, mentres que pola tarde (de 16.00 a 18.00 horas), Juanjo Fernández (GnomaLab) ofrecerá unha clase mestra de Vídeo-creación e mapping.
Respecto de Ourense ICCWeek, lembrar que vén da man da Deputación de Ourense e achega actividades ata este sábado 28 de marzo, xuntando emprendedores, empresarios e expertos do ámbito audiovisual e público en xeral. O programa inclúe relatorios, entrevistas, net party, festivais, concertos, showcases, rede negocios e master class sobre radio, cinema, TV, industria musical, novas tendencias tecnolóxicas, aplicacións móbiles e vídeo-xogos, que se están a desenvolver no Pazo dos Deportes Paco Pazo e en diferentes vilas da provincia de Ourense.
Os obxectivos do Ourense ICCWeek son, en palabras da organización, presentar a provincia como “unha área economicamente atractiva, que reivindica o seu espazo na vangarda das novas tendencias profesionais, e atraer expertos de diversos eidos tecnolóxicos e marcas de referencia para establecer e manter no tempo contactos profesionais”. Tamén se pretende transferir coñecemento a empresarios locais e abrir un espazo de debate en torno a novos negocios, dinamizar os espazos rurais e potenciar o valor das infraestruturas e o acervo cultural da provincia de Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?