Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone España empraza a unha nova edición dos seus premios á innovación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone España empraza a unha nova edición dos seus premios á innovación

Redacción
Publicado: 27/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fundacion_vodafone_premios.jpgDar azos ao desenvolvemento e á innovación de propostas tecnolóxicas, ben na súa fase inicial, ben na súa aplicación real a prol da sociedade son as metas que persegue a IX Edición dos Premios á Innovación en Telecomunicacións convocada pola Fundación Vodafone España. Deste xeito, a entidade persegue fomentar o eido do TIC Social e todas as súas funcionalidades, de maneira que todo proxecto de innovación neste sector, teña en conta, desde a súa fase inicial, a accesibilidade universal e o deseño para todos, á vez que se incentiva, entre círculos de emprendemento non vinculados a esta faceta do TIC, o desenvolvemento de aplicacións de interese social.
En canto aos premios, dicir que serán tres, baixo o epígrafe común de Premio ao Proxecto de Innovación no ámbito da Investigación e do Desenvolvemento das Telecomunicacións, dotado con 20.000 euros cada un amais dunha escultura conmemorativa.
Para a elección dos gañadores, un xurado formado por personalidades da administración, a investigación e a empresa terá en conta: o carácter innovador da solución dentro da Sociedade da Información, o público obxectivo que se podería ver beneficiado pola solución, a viabilidade da solución e do posible despregamento ao público obxectivo e a accesibilidade da solución.
Cómpre informar que as candidaturas agruparanse nas seguintes categorías:
1.- Premio ao desenvolvemento de Aplicación Mobile for Good, que se outorgará a unha nova aplicación para smartphone que contribúa á mellora da calidade de vida, á autonomía persoal e á promoción do envellecemento activo.
2.- Premio ao proxecto M2M Mobile For Good, encamiñado a iniciativas que empreguen ou deseñen dispositivos conectados, que axuden a mellorar a calidade de vida, a accesibilidade e a autonomía das persoas en calquera dos seguintes eidos: vida na cidade, saúde e turismo.
3.- Premio ao proxecto de Solución TIC Mobile For Good, que se entregará a un proxecto que empregue o TIC como solución.
Engadir que o prazo de admisión finaliza o vindeiro 30 de abril de 2015, e a resolución do xurado notificarase aos participantes das diferentes categorías antes do 30 de xuño de 2015.
Para os interesados en participar nesta IX Edición dos Premios á Innovación en Telecomunicacións cómpre ver as bases completas dos premios e as condicións para presentar as candidaturas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?