Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación anuncia novas prazas Wi-Fi en Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación anuncia novas prazas Wi-Fi en Lugo

Redacción
Publicado: 30/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

A Praza Maior de Lugo co consistorio ao fondo
A Praza Maior de Lugo co consistorio ao fondo
A Deputación e o Concello de Lugo anunciaron os días pasados a vindeira creación de tres novas prazas de acceso Wi-Fi que se achegarán de balde á cidadanía. A medida é unha continuación do punto de conexión sen fíos habilitado polas dúas administracións no Pazo de San Marcos, onde se rexistra unha media de 150 usuarios. Os novos emprazamentos Wi-Fi estarán nas prazas Maior, Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo. Deputación e Concello anunciaron que estarán en funcionamento a finais da primavera. A Xunta de Goberno da institución provincial aprobou o venres o convenio de colaboración por valor de 22.000 euros.
Máis en detalle, instalaranse seis 6 puntos de acceso sen fíos (seis puntos configurando un total de tres prazas). Por unha banda, dous puntos na fachada do Consistorio lugués e dous onde está o palco para conectarse á Rede dende calquera punto da Praza Maior. A maiores, habilitaranse outros dous na parte de atrás do consistorio para facer o mesmo nas prazas Anxo Fernández Gómez e Campo Castelo. A conexión, que se poderá facer dende calquera dispositivo móbil (ordenador portátil, PDA, teléfono…), será libre e de balde.
Segundo explica a Deputación, os puntos de conexión da capital non son unha medida illada. Así, sinala, “ás catro prazas Wi-Fi da Cidade da Muralla cómpre engadir as 48 doutros tantos concellos da provincia”. Estas achegas viñeron tamén da man da Deputación, a través do programa Innova-TE, sumando un total de 52. Ao respecto destas prazas, a Xunta de Goberno do pasado venres tamén aprobou a renovación do servizo durante 14 meses. O investimento nesta prestación é de 210.000 euros, supoñendo custo cero para os concellos. Os municipios que se sumaron a Innova-TE e contan con prazas Wi-Fi son os seguintes: Abadín, Baleira, Baralla, Becerreá, Begonte, Burela, Carballedo, Castro de Rei, Castroverde, Cervantes, Cervo, Chantada, O Corgo, A Fonsagrada, Friol, Guitiriz, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Palas de Rei, Paradela, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita, A Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribadeo, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, Sarria, Sober, Taboada, Triacastela e Viveiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?