Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Galipedia convoca á comunidade da UDC para amosar a súa actividade e xuntar forzas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Galipedia convoca á comunidade da UDC para amosar a súa actividade e xuntar forzas

Redacción
Publicado: 30/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

udc_fic_conece_a_galipedia.jpgA Facultade de Informática da Coruña vai acoller os días vindeiros a primeira edición das Xornadas Coñece a Galipedia na UDC. A cita desenvolverase o 16 e máis o 17 de abril, e será, en palabras da organización, “unha mestura entre unha xornada de portas abertas e un wikimaratón da enciclopedia en liña galega”. Estas xornadas, promovidas pola dita facultade da Universidade da Coruña, GPUL e a Galipedia, co apoio do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña, pretenden reducir a distancia entre a enciclopedia libre en galego, por unha banda, e os lectores, os usuarios e os potenciais desenvolvedores, apoios, seareiros ou colaboradores, pola outra.
O programa das xornadas abranguerá unha charla de introdución á edición da Galipedia e incluirá tamén actividades máis avanzadas como a introdución ó manexo de bots. Tamén está previsto, como dixemos un pequeno wikimaratón de artigos relacionados coa Universidade da Coruña e outros temas, como a informática. Asemade, darase acollida á entrega de premios e á presentación dos traballos gañadores do concurso Wikinformática, enfocado á visualizar do papel da muller nas novas tecnoloxías entre os estudantes de secundaria.
Para podermos participar nestas actividades, temos que rexistrarnos na páxina do evento xa que as prazas son limitadas, aínda que tamén existe a posibilidade de participar en liña.
Programa de actividades
Xoves 16 de abril
· 17:00-17:30 Introdución á Galipedia e á edición co Editor visual (Elisardo Juncal, Galipedia)
· 17:00-17:15 Planificación e distribución do traballo de edición
· 17:15-19:30 Edición dos artigos propostos ou doutros de interese para os asistentes
· 19:30-19:45 Avaliación da xornada
Venres 17 de abril
· 16:00-17:00 Entrega de premios e presentación dos traballos de Wikinformática
· 17:00-17:30 Introdución ó uso de bots na Galipedia (Roi Ardao López “Banjo“, Galipedia)
· 17:00-17:15 Planificación e distribución do traballo de edición
· 17:15-19:30 Edición dos artigos propostos ou doutros de interese para os asistentes
· 19:30-19:45 Avaliación da xornada

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?