Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Apoio do Consello de Goberno da UVigo aos procesos que farían posible o Grao en Enxeñaría Aeroespacial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Apoio do Consello de Goberno da UVigo aos procesos que farían posible o Grao en Enxeñaría Aeroespacial

Redacción
Publicado: 30/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_consello_goberno.jpgSemella que o camiño para dar forma ao Grao en Enxeñaría Aeroespacial no Campus de Ourense é xa unha realidade, ou está case a piques de selo. Así nolo deron a entender dende a Universidade de Vigo tralo Consello de Goberno celebrado o venres pasado, cuxos membros amosaron o seu “amplo apoio” á devandita titulación de dúas maneiras concretas: votando primeiro a favor da súa declaración de interese (coa abstención dun representante do alumnado), e segundo apoiando o procedemento de elaboración das memorias para a solicitude de verificación da titulación.
A memoria completa, fíxose saber, será elaborada por unha comisión de estudos nomeada por unha xunta de titulación conformada polas direccións das escolas de enxeñaría dos campus de Vigo e Ourense, así como da Facultade de Ciencias, directores e directoras de departamentos do ámbito tecnolóxico e responsables de seis dos departamentos do ámbito científico implicados, así como unha ducia de representantes do estudantado e cinco do persoal de administración e servizos.
O respaldo á iniciativa dos membros do Consello estivo precedida dunha exposición da mesma por parte do reitor, na que Salustiano Mato rememorou os antecedentes que conduciron á presentación desta proposta que “singular no sistema universitario galego” e que representa, segundo o reitor, “unha oportunidade estratéxica para a Universidade de Vigo e para Galicia”. Tras lembrar as cifras de crecemento de emprego que está rexistrar este sector “cunha forte aposta pola investigación básica”, Mato explicou que a proposta presentada á Xunta o pasado mes de decembro recibiu o visto e prace do propio presidente do executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, intre no que a iniciativa comezou a ser estudada no Campus de Ourense, cuxo consello aprobou o inicio dos trámites para a súa implantación a mediados deste mes.
O director da Escola de Enxeñería Industrial, Juan Pou, dixo no Consello de Goberno que “na Escola consideramos que esta é unha oportunidade para toda a Universidade, pero debe facerse ben desde o principio para evitar erros”. Pou, que reclamou apoio económico, por que “este será un grao moi caro, que precisa de especialistas cos que a institución non conta neste intre”, incidiu en que o obxectivo principal “son os alumnos, e non as cidades, os profesores ou os departamentos”. Pola súa banda o director do Departamento de Física Aplicada, José Luis Legido, tamén deixou constancia na sesión do apoio do seu departamento á posta en marcha da titulación e á creación dun centro propio, ao tempo que realizou unha oferta de colaboración para participar neste proceso.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?