Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant loce proxectos nunha das meirandes citas TIC de Europa, NetFutures 2015
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant loce proxectos nunha das meirandes citas TIC de Europa, NetFutures 2015

Redacción
Publicado: 30/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

netfutures.jpgO Centro Tecnolóxico Gradiant vén de participar en NetFutures 2020, un evento referencial en Europa no ámbito do desenvolvemento de novas tecnoloxías. A participación na cita, en palabras do centro galego “unha oportunidade única de networking a alto nivel internacional”, foi moi ben valorada por David Vázquez Cortizo, director xeral de Gradiant, que amosou a súa satisfacción pola experiencia vivida en NetFutures 2020, salón organizado e xestionado pola Comisión Europea e cuxo emprazamento físico (en Bruxelas) reuniu aos máis salientables axentes de innovación da UE: dende emprendedores a investidores, pasando por profesionais do desenvolvemento, empresas e especialistas en I+D. O evento celebrouse os días 25 e 26 de marzo.
Segundo nos contan dende Gradiant, o centro tecnolóxico asistiu ao evento seguindo de preto todas as actividades relacionadas co universo FIWARE (proxecto europeo no que participa) e con IoT (Internet das Cousas), “unha das grandes apostas tecnolóxicas de Gradiant”.
Lembrar que NetFutures celébrase para maximizar a competitividade da industria tecnolóxica europea, engade o centro tecnolóxico emprazado en Vigo. O obxectivo dos dous días de actividades, explica, “é formar unha comunidade interconectada que xunte empresas, organizacións e expertos en innovación e investigación, en chegada ao mercado, en desenvolvemento de negocio e estratexia empresarial, e en políticas públicas”. Así, NetFutures 2015 diríxese a amosar diferentes estratexias que se están a pór en marcha para facer da Unión Europea “un ecosistema integrado no que todas as partes que participan do proceso da innovación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións estean conectadas”.
A conferencia reuniu a máis de 700 asistentes destacados en innovación aplicada aos negocios e ás políticas públicas, “co obxectivo de maximizar a competitividade da industria tecnolóxica europea”. Foi inaugurada polo comisario para a Economía e a Sociedade Dixital, Günther Oettinger, e acolleu relatorios, mesas redondas e actividades de traballo en rede ao redor de cuestións como Internet, tecnoloxías na nube, Cidades Intelixentes e emprendedores dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?