Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Amosados no Centro Demostrador TIC os proxectos AutoTIC e ControlBox
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Amosados no Centro Demostrador TIC os proxectos AutoTIC e ControlBox

Redacción
Publicado: 31/03/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Xornada_w.jpgO Centro Demostrador TIC (Centro Novas Tecnoloxías de Galicia) acolleu a semana pasada de dous proxectos empresariais galegos no que xuntan forzas catro firmas punteiras do noso sector: Imatia e Sixtema por unha banda, e Infonet e Hacce pola outra. Segundo reflicte o Clúster TIC Galicia (organización da que son integrantes as ditas empresas), trátase de dous proxectos innovadores en todo o sentido do termo, entendéndose por innovación aquilo que se fai coa arela de medrar e obter rendemento, si, pero tamén co obxectivo de achegar un plus de mellora para as empresas, cidadáns e institucións da súa contorna. Imatia e Sixtema presentaron AutoTIC, e Infonet e Hacce amosaron ControlBox.
AutoTIC ten como obxectivo a creación e desenvolvemento de tecnoloxía axeitada que permita simplificar e axilizar o desenvolvemento de aplicacións móbiles híbridas de maneira sinxela, produtiva, adaptable e flexible. Segundo reflicte o Clúster, o eido de aplicación demostrativo de ditas tecnoloxías é o do coche conectado, polo que para facilitar a transferencia de coñecemento creouse unha aplicación que involucra coche conectado, balizas de proximidade e sistemas de información xeográfica.
Pola súa banda, ControlBox é un produto innovador no ámbito da seguridade informática. Abrangue labores de configuración e integración de hardware con ferramentas de software que permiten observar e descubrir o que acontece nunha rede de equipos informáticos mediante a interceptación das comunicacións e toda a actividade realizada nos equipos. Controbox, nun plano máis concreto, posibilita o achado de evidencias de fugas de información, empregados desleais, hábitos de navegación incorrectos, ameazas de seguridade internas, problemas de mobbing e ameazas, etc, amais de facilitar o cumprimento de determinadas obrigas legais segundo os regulamentos da LOPD.
Os devanditos proxectos desenvolvéronse co apoio do Plan Estratéxico do Clúster e co financiamento do Ministerio de Industria, a través do programa de apoio a AEI e Fondos FEDER.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?