Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: EGATEL amosará en Las Vegas a súa aposta para as comunicacións vía satélite
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

EGATEL amosará en Las Vegas a súa aposta para as comunicacións vía satélite

Redacción
Publicado: 31/03/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nabshow.jpgA empresa galega EGATEL, referente internacional en materia de equipamento e servizos de telecomunicacións, vén de confirmar que estará presente os días vindeiros en Las Vegas, Estados Unidos, no marco do salón NAB Show 2015 (entre o 13 e o 16 de abril), amosando os seus transmisores de TV de alta frecuencia e banda ancha e máis os detalles concretos de Smart LNB, un desenvolvemento de seu co que reafirma “a súa entrada no mercado SatCom”, sinalan fontes de EGATEL.
Por certo que Smart LNB é un terminal desenvolvido para Eutelsat Communications, principal operador europeo de satélites, e un dos tres maiores do mundo. Trátase dun dispositivo que permite achegar servizos de TV conectada vía satélite. Como lembraremos, EGATEL xuntou forzar con Eutelsat para converterse en provedor de equipos para a televisión interactiva.
egatel_transmisor.jpgNa cita de Las Vegas, onde EGATEL xa é unha vella coñecida, a firma galega terá o seu centro de operacións na caseta SU10107. Como dixemos, dende alí amosaranse os detalles dos seus transmisores de TV de alta frecuencia e banda ancha da serie WHET (Wideband High Efficiency Transmitters), tanto na súa modalidade de refrixeración líquida como a de aire. Tamén se exhibirá o terminal Smart LNB, un equipo de última xeración fortalecido cun novo transceptor conectado á antena parabólica e que dispón dunha canle de retorno de alta eficiencia. Segundo avanza a firma galega, “o dispositivo revolucionará o mercado SatCom, ao abrir a porta a unha ampla gama de servizos de TV conectada vía satélite como HbbTV, redes sociais, operacións de compra, consumo de contidos á carta, etc; así como a aplicacións Machine to Machine (M2M), e-saúde, fogar dixital, etc”.
Como exemplo da serie WHET refrixeración líquida mostrarase un Transmisor Doherty – Banda Ancha de 3,3 kWrms DVB/ISDB (5 kWrms ATSC), modelo TLWH7804. “Este equipo caracterízase polo seu deseño completamente modular e inclúe un sistema de bombas integrado no mesmo rack que o transmisor”, explican fontes de EGATEL, que engaden que a solución é quen de optimizar o investimento e o deseño das instalacións”.
En refrixeración por aire, tamén dentro da serie WHET, presentarase un Transmisor Doherty – Banda Ancha de 600 Wrms DVB/ISDB (1 kWrms ATSC), modelo TUWH4601, en funcionamento real sobre carga. Segundo explica a empresa con sede na Tecnópole de Ourense, “o deseño dos amplificadores desta serie inclúe aspectos que sintetizan todo o coñecemento adquirido de EGATEL, evitando a circulación de aire por placas ou compoñentes, redundando fontes de alimentación extraibles polo frontal ou dispondo os ventiladores na parte exterior para unha sinxela substitución sen necesidade de abrir o módulo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?