Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os espectáculos de Galiciencia visitarán unha ducia de localidades galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os espectáculos de Galiciencia visitarán unha ducia de localidades galegas

Redacción
Publicado: 31/03/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciencia_espectaculos.jpgTodos os anos son os anos da Galiciencia, pero 2015 é en boa medida especial. Por que motivo? Pois porque se cumpren dez anos da feira, a maior das súas características (espírito científico, desenvolvedor e innovador da nosa mocidade) da nosa terra e unha das máis referenciais a nivel estatal. Para conmemoralo, a entidade responsable da súa posta en marcha e desenvolvemento (a Tecnópole, ou sexa o Parque Tecnolóxico Galicia) preparou entre outras cousas un espectáculo itinerante que visitará doce localidades da nosa terra ao longo dos meses que están por vir. Ao mesmo tempo, convocou un certame para o deseño da mascota oficial da feira científica. A maiores, está a propia feira en si mesma, que se celebrará entre o 18 e o 20 de novembro.
Volvendo aos espectáculos, sinalar que o eixe temático será a luz, por ser 2015 proclamado pola Organización das Nacións Unidas (ONU), como o Ano Internacional da Luz e as Tecnoloxías baseadas na Luz. O primeiro espectáculo celebrouse no Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) o día 4 de marzo. O obxectivo deste e dos seguintes é basicamente facer ciencia. Ou, mellor dito aínda: contribuír a facer científicos, a espertar vocacións. E todo do xeito “máis didáctico e ameno posible para os máis novos”, en xeiras que teñen unha duración de arredor dunha hora e que contan como aliadas coas profesoras e profesores, “grazas ao seu esforzo por acompañar ao alumando aos lugares nos que teñen lugar os espectáculos en horario lectivo”.
En virtude dos espectáculos itinerantes, Galiciencia pasou así de durar tres días a nove meses, no ano do décimo aniversario. Ata finais de maio, os eventos estarán no Barco de Valdeorras e Verín, en Ourense; Monforte, Lugo e Viveiro, na provincia de Lugo; Ribeira, Padrón e Betanzos, na Coruña; e Pontevedra, A Guarda e Silleda, na provincia de Pontevedra. En todas as ocasións serán expostas as bases da Galiciencia para animar a participar a todos os colexios cos seus proxectos.
Desde mediados do mes de abril ata final de curso organizaranse tamén unha ducia de cursos especializados para profesores en centros de toda a nosa xeografía, co obxectivo de capacitalos no método científico, de maneira que poidan apoiar aos seus alumnos na preparación de proxectos para participar tanto na Galiciencia coma noutros certames.
Respecto ao espectáculo celebrado o 4 de marzo, asistiron 400 escolares de varias localidades de Ourense e xirou, coma todo o programa, arredor da celebración do Ano Internacional da Luz. Entre moitas outras cousas, os divulgadores científicos David Ballesteros e Carlos Pérez amosaron na práctica os fundamentos dos fogos artificiais, que se acadan mesturando diferentes metais (bario, potasio, etc.) para lograr diferentes lonxitudes de onda e, en consecuencia, diferentes cores. Ademais, explicaron porqué un raio láser pode atravesar o aceite de oliva pero non o refresco de cola. E tamén grazas ao láser puideron proxectar unha pinga de cuspe tan aumentada que se podían apreciar as bacterias presentes nela.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

1Password confirma unha intrusión nos seus sistemas

25/11/2026
Actualidade

O Clúster TIC Galicia celebrou o encontro de colaboración empresarial EnredaTIC

25/11/2026
Actualidade

X incorpora novas ferramentas de creación de vídeo

25/11/2026
Actualidade

The New York Times veta a nova versión de Photoshop

25/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?