Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As nove firmas tecnolóxicas que se veñen de sumar a Porto do Molle amosan o seu traballo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As nove firmas tecnolóxicas que se veñen de sumar a Porto do Molle amosan o seu traballo

Redacción
Publicado: 01/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

empresas_molle.jpgO Centro de Negocios de Porto do Molle vén de amosar as súas cifras de actividade do mes de marzo, os seus mellores números dende que en 2011 comezase a comercialización das parcelas, naves e oficinas do parque empresarial de Nigrán. Os datos foron dados a coñecer esta semana, durante a visita ao complexo de Teresa Pedrosa, delegada do Consorcio Zona Franca de Vigo, co obxecto de coñecer de primeira man as nove empresas tecnolóxicas que se instalaron no último mes nas oficinas do edificio. En total, ao longo de 2015 xa se sumaron 15 novas firmas á comunidade de Porto de Molle.
O complexo, como lembraremos, é sede dos principais programas de promoción empresarial que está a levar a cabo o Consorcio como son a aceleradora ViaVigo, o Innovation Vigo Camp, a Factoría de Innovación e un viveiro o que permite ás empresas beneficiarse de forma directa de todos os seus servizos. A área industrial do parque, cualificada de “enclave tecnolóxico”, tamén achega facilidades aos seus residentes para que poidan acceder ás axudas e incentivos nacionais correspondentes ás convocatorias do Ministerio de Industria. Lembrar que conxuntamente co Parque Tecnolóxico de Vigo, o complexo de Nigrán integrouse na Asociación de Parques Científicos e Tecnolóxicos de España (APTE).
Entre empresas alugadas e propietarias de chan na área xa se elevan a 70 as sociedades que elixiron Nigrán para levar adiante a súa actividade económica e que entre todas elas xeraron un total de 634 empregos. “Con este número de novas empresas e traballadores”, sinalou Teresa Pedrosa, “pódese dicir que Porto do Molle é o parque empresarial que está a amosar unhas cifras de maior crecemento en comparación con outras áreas industriais de Galicia”.
Das 9 novas empresas que visitou a delegada, catro son de recente creación e nacen xa cun total de 29 novos traballadores, o que fai que no Centro de Negocios atópense xa 36 empresas que xeran 121 empregos. Teresa Pedrosa visitou cada unha das oficinas para coñecer de primeira man a súa actividade. Todas elas abranguen distintos sectores de actividade que van desde a eficiencia enerxética ata a creación dunha plataforma de distribución de videoxogos en liña mediante unha tarifa plana, a produción de contido audiovisual, a asesoría de telecomunicacións, o desenvolvemento de cursos de formación e adestramento en liña, a asesoría de telecomunicacións ou o desenvolvemento de sistemas de cultivo hidropónico. Dúas destas novas empresas proveñen da aceleradora ViaVigo e co aluguer das súas novas oficinas, sinala a Zona Franca, “deron o paso á súa instalación nun espazo que lles acolleu desde os seus inicios e que colaborou no crecemento do seu proxecto”.
As nove firmas instaladas teñen o seu emprazamento no Viveiro de Empresas (Sila Software, Horticultura Hidropónica, Metal Work And Structures e Meseybuco) e máis no Centro de Negocios (Into Galicia Consulting, Renueva Val Miñor, BPO Consultores de Dirección de Empresa Familiar, Isabel Gómez López e Proaytel 2014).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?