Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ocean´s renova imaxe e funcionalidades da área de clientes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ocean´s renova imaxe e funcionalidades da área de clientes

Redacción
Publicado: 01/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

A firma galega Ocean´s, operadora de telecomunicacións, vén de anunciar unha serie de melloras e novas funcionalidades no seu catálogo de servizos directos para os usuarios. As novidades inclúen unha evolución na área de clientes, “que se desenvolve para permitir dende estes intres o acceso á consulta e xestión das liñas contratadas coa empresa dunha maneira máis rápida, completa e sinxela”. Segundo engade a firma galega, trátase dunha serie de avances que decontado se unirán a outros moitos que están por chegar.
Volvendo á area de clientes e as melloras introducidas, o obxectivo das mesmas foi achegar aos usuarios unha visión máis completa do que se lles ofrece: información totalmente detallada á súa disposición. Ademais, permíteselles xestionar de maneira doada os datos persoais “ao tempo que se aposta por unha atractiva presentación que fará máis agradable a navegación durante as consultas”. Un exemplo disto é o das consultas acerca da facturación. Así, a partir deste intre é posible establecer unha visión global grazas ao histórico de consumos. Por outra banda, o cliente pode facer uso do buscador para localizar unha factura concreta, comparar dúas delas ou consultar un determinado período de facturación.
Segundo engade a empresa galega, a través da área de clientes poden realizarse ao detalle solicitudes de información relativas aos consumos sobre cada un dos produtos contratados. No caso de liñas móbiles, ademais dos minutos consumidos en total, están a disposición dos usuarios datos como o número de destino, data e hora, tipo de chamada, duración de cada unha destas e informes relativos ao envío de SMS. Ademais, engade Ocean´s, o consumo de datos vén reflectido tanto nunha desagregación por días coma nun resumo que informa dos Mbps consumidos e dos que quedan por consumir. Por outra banda, en liñas fixas pode observarse o resumo de chamadas e o total de minutos consumidos, así como información ao detalle sobre cada unha das chamadas efectuadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?