Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Kiply expón no Centro Demostrador TIC o seu revolucionario software de produtividade profesional
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Kiply expón no Centro Demostrador TIC o seu revolucionario software de produtividade profesional

Redacción
Publicado: 06/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

kiply-3.jpgO Centro Demostrador TIC vai dar acollida este mércores 8 de abril a unha xornada sobre como sermos máis eficaces no plano empresarial e no noso día como profesionais. O seminario, que se desenvolve en horario de 11.00 a 12.00 horas, celébrase baixo o seguinte epígrafe: Descobre como medir e analizar o teu rendemento para aumentar a túa produtividade profesional e persoal. Segundo nos contan dende o Centro Demostrador TIC (emprazado como lembraremos no CNTG de Santiago), os asistentes poderán coñecer o funcionamento, os servizos e os beneficios da ferramenta Kiply desenvolvida pola empresa galega do mesmo nome.
Como temos sinalado dende Código Cero acerca de Kiply, trátase dun software multidispositivo que de xeito automático mide e analiza a actividade persoal en tempo real e de forma privada. Unha vez que o teñamos no PC, tableta ou teléfono intelixente, informan os responsables deste desenvolvemento, poderemos recompilar información sobre a nosa actividade de xeito automático e sen que sexa preciso ningún tipo de intervención adicional. A partir da instalación, cada semana recibiremos un correo electrónico cun informe sobre a nosa actividade para que poidamos saber como e de que maneira investimos o noso tempo.
Polo tanto, a ferramenta Kiply foi creada ante todo para incrementar a produtividade persoal dos usuarios de dispositivos, e para acadalo integra tecnoloxía, metodoloxía e un terceiro factor que sempre é de agradecer: consellos para unha vida mellor. Neste caso concreto, unha vida máis produtiva.
A actividade do Centro Demostrador TIC está orientada sobre todo para traballadores independentes da información ou autónomos e PEME. A encargada de facer a demostración será a propia empresa do mesmo nome, start-up galega adicada á creación de software de produtividade persoal para profesionais e empresas.
Para participar nesta actividade cómpre inscribirse na web do CDTIC. As persoas que non poidan acudir á demostración poderán seguila a través de streaming.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?