Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG avalía este martes en Ourense os principais delitos TIC aos que nos enfrontamos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG avalía este martes en Ourense os principais delitos TIC aos que nos enfrontamos

Redacción
Publicado: 06/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O proceso de presentación de candidaturas á dirección da Escola Superior de Enxeñaría Informática queda deserto
O proceso de presentación de candidaturas á dirección da Escola Superior de Enxeñaría Informática queda deserto
Este martes 7 de abril celébrase na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense (na imaxe), en horario de 16.00 a 20.00 horas, unha sesión ilustrativa e divulgativa sobre os principais delitos tecnolóxicos aos que nos enfrontamos, dende múltiples sectores, no presente e no futuro inmediato da Sociedade do Coñecemento. A cita vén da man do Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia e contará coa participación de José Luis Rivas, un dos responsables de LIFe (Laboratorio de Informática Forense Europeo) e Víctor Salgado, avogado-socio do bufete galego Pintos & Salgado.
No marco desta Xornada de Informática Pericial, o director de LIFe, José Luis Rivas, presentará tres casos concretos de delitos TIC actuais: un ataque ao servidor dunha universidade, unha posible fuga de información nunha empresa por parte dun traballador e un centro de chamadas con software problemático.
A sesión, sinala o CPETIG, misturará “unha sólida parte teórica coa parte de exposición de exemplos prácticos”. Victor Salgado centrará o seu relatorio na normativa procesal pericial e na normativa substantiva da pericia tecnolóxica, con referencia ao dereito informático, á propiedade intelectual e aos delitos tecnolóxicos, como a defraudación electrónica. Na segunda parte da xornada, José Luis Rivas abordará inicialmente a orixe da análise forense e rematará o seu relatorio coa exposición dos casos prácticos devanditos.
A nivel comunicativo e xornalístico, as actividades da xornada inícianse ás 11.30 horas, con declaracións aos medios do secretario do CPETIG, Juan Luis Miguéns, e dos relatores da xornada no salón de graos da Escola Superior de Enxeñaría Informática en Ourense.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?