Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vigo será unha das nove cidades estatais que celebre o HackForGood
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vigo será unha das nove cidades estatais que celebre o HackForGood

Redacción
Publicado: 06/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_hackforgood.jpgSerá a partir da vindeira semana, do 16 ao 18 de abril, cando se celebre a III edición de HackForGood, unha iniciativa de Telefónica centrada na innovación, na que se desenvolverán novas ideas, servizos ou aplicacións que axuden a resolver problemas sociais. Dicir que esta edición será celebrada de xeito simultáneo en nove cidades do Estado, entre elas Vigo, amais de Madrid, Valencia, Málaga, Murcia, Sevilla, As Palmas, Salamanca e Valladolid. En canto os temas a tratar neste encontro, salientan: as Cidades e Mundos Intelixentes, as contornas conectadas así como M2M, Internet das cousas e impacto nas persoas e na cidadanía, aspectos nos que deberán inserirse os retos que os e as hackers sociais poderán elixir para elaborar as súas aplicacións, que serán avaliadas e premiadas, no caso das mellores, tanto local coma globalmente.
E indo ao caso concreto de Vigo, será a sala I do Edificio Miralles a que acolla aos e ás hackers sociais, ao pertencer a institución académica viguesa á rede de cátedras Telefónica, que conta para a celebración deste evento coa colaboración da Vicerreitoría de Economía e Planificación e as escolas de Telecomunicación, Enxeñería Industrial, Minas e Informática.
E quen pode participar neste evento? Calquera persoa (de xeito individual ou equipos) vinculada á comunidade universitaria ou non, con coñecementos de programación ou deseño, pode tomar parte no hackathon, ao que tamén poden concorrer cos seus propios retos, caso que os enviados previamente non lles convenzan. Emporiso, no caso de aquelas persoas ou organizacións (como ONG”s) que carezan de coñecementos técnicos para desenvolver unha aplicación, pero que teñan identificado unha necesidade no ámbito social, poderán participar nesta iniciativa enviando o seu reto a través da páxina web de HackForGood e a organización do evento buscaralles un equipo de hackers para que traballen na súa idea durante a celebración do evento.
En canto á Cátedra Telefónica, dicir que vía a luz hai algo máis de catro meses e nacía de cara á innovación enerxética da Universidade de Vigo, centrando as súas actividades na promoción do desenvolvemento de propostas de mellora e novos servizos de eficiencia enerxética, o emprego de tecnoloxías da información na busca desa eficiencia e a análise da calidade enerxética ambiental.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?