Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A obra referencial Sistemas Electrónicos Dixitais chega á súa décima edición
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A obra referencial Sistemas Electrónicos Dixitais chega á súa décima edición

Redacción
Publicado: 07/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_sistemas_electronicos_dixitais.jpgQue un libro sobre cuestións tecnolóxicas dixitais se perpetúe no tempo e siga a acadar vixencia ao longo de catro décadas non é como pasalo por alto. Pero isto precisamente é o que conseguiu Sistemas Electrónicos Dixitais, unha obra que foi froito da colaboración entre o Instituto de Electrónica Aplicada (Universidade de Vigo) e a Universidade do País Vasco e que saíu á luz por vez primeira en 1972. Segundo nos contan dende a UVigo, o libro continúa a ser un referente no ensino de electrónica dixital no ámbito das universidades estatais. Sen ir máis lonxe, este 2015 lanzouse a décima edición do manual. O autor é o profesor xubilado Enrique Mandado, membro do Instituto de Electrónica Aplicada da Universidade de Vigo.
Para a reedición e posta ao día, contouse desta volta coa participación (co-autor) de José Luis Martín, da Universidade do País Vasco. O libro, editado por Marcombo, presentarase publicamente o vindeiro 16 de abril no auditorio Bizkaia Aretoa de Bilbao.
A edición 2015 que agora se dá a coñecer abrangue 1.061 páxinas e máis de 1.000 figuras. Segundo lembra a UVigo, trátase do resultado do intenso e completo traballo de ambos docentes para converter o libro “nun sistema de autoaprendizaxe e adaptalo aos cambios que os progresos alcanzados pola microelectrónica no século XX e na primeira década do XXI esixen ao ensino da electrónica dixital”. O Instituto de Electrónica Aplicada ten previsto, en colaboración coa Asociación para o Progreso da Tecnoloxía de Galicia (APROTEGA), organizar unha presentación do libro en Galicia no mes de xuño.
A publicación 2015, sinalan os autores, está orientada a cumprir dous obxectivos. Por unha banda, proporcionar aos enxeñeiros das diferentes áreas das TIC (informática, telecomunicación, electrónica e automática industriais), os coñecementos básicos precisos para traballar en equipos multidisciplinares de deseño de sistemas dixitais. Por outra banda, fornecer aos enxeñeiros electrónicos o alicerce necesario para converterse en deseñadores do sistema físico das contornas dixitais programables. Mandado e Martín recoñecen tamén que detrás deste traballo houbo un imporante esforzo para amosar as iniciativas das empresas emerxentes do sector. Os casos concretos de proxectos que se presentan no libro están desenvolvidos por empresas españolas e iberoamericanas, tres das cales (Marine Instruments, Ictel e Noventia) son galegas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?