Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entre o 21 e o 22 de abril celébrase en Santiago o Congreso Cidades Dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entre o 21 e o 22 de abril celébrase en Santiago o Congreso Cidades Dixitais

Redacción
Publicado: 07/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cntg_santiago-2.jpgA terceira edición do Congreso Cidades Dixitais, organizada pola Confederación Española de Empresas de Tecnoloxías da Información, Comunicacións e Electrónica, CONETIC, en colaboración coa asociación INEO, celebrarase en Santiago os vindeiros 21 e 22 de abril. A cita, que se desenvolve no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia, servirá entre outras cousas para amosar os últimos pasos dados en materia de tecnoloxía smart, ou sexa, en todos aqueles desenvolvementos eficientes que, pola súa natureza, son quen de evolucionar e facernos evolucionar, mellorando a nosa contorna urbana, o noso xeito de traballar e vivir e mesmo a xestión do medio ambiente.
O encontro terá cariz internacional. De feito, contará con responsables das administracións estatais e galegas pero tamén favorecerá o intercambio de experiencias con representantes de diversas cidades latinoamericanas, como Colombia, México, Perú e Uruguai. A finalidade é tender pontes para potenciais colaboracións con empresas españolas en proxectos smart para cidades principais destes países. Tamén haberá unha gran representación de concellos españois: Bilbao, Valencia, Ávila ou Logroño acompañarán a representantes das galegas como: Lalín, Ourense, a Eurocidade Chaves-Verín xunto coa que acolle o evento, Santiago de Compostela. Todas están integrando nas súas estratexias de cidade proxectos de transporte intelixente, auga, refugallos, accesibilidade e goberno aberto.
O congreso buscará tamén dar a coñecer as axencias multilaterais de financiamento, o seu funcionamento e como pode unha empresa española participar nos grandes proxectos liderados por estes axentes. Catro serán as áreas troncais sobre as que se artellarán as mesas de debate: Xestión e Reaproveitamento de Refugalos, Transporte Intelixente de Persoas e Mercadorías, Seguridade nas Smart Cities e Accesibilidade na Cidade e no Fogar. Para máis información sobre o congreso cómpre visitar a web das Cidades dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?