Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS amosa un sistema de seguimento que detecta variacións cardíacas en tempo real
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS amosa un sistema de seguimento que detecta variacións cardíacas en tempo real

Redacción
Publicado: 07/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

citius-3.jpgInvestigadores do programa de E-Saúde do CiTIUS (Universidade de Santiago) veñen de amosar as interesantes potencialidades para os doentes cardiovasculares dunha solución de seu que, entre outras cousas, permite facer de maneira automática o agrupamento morfolóxico dos latexos dos pacientes en tempo real. A solución foi dada a coñecer na prestixiosa publicación IEEE Journal of Biomedical and Health Informatics. Segundo fan saber os seus responsables, o traballo realizado “mellora de maneira substancial as técnicas desenvolvidas ata o de agora, abrindo a porta ao emprego de tecnoloxías wereable que axuden a previr riscos cardiovasculares”. Por tecnoloxía wereable enténdese aquela que se carrexa no noso día a día, coma roupa ou complementos.
Volvendo ao desenvolvemento do CiTIUS, cómpre sinalar que o seu potencial e a súa importancia son aínda máis relevantes se temos en conta a quen se dirixe: cara a un colectivo, o dos enfermos cardiovasculares, que non ten trazas de diminuír, máis ben o contrario, e que require polas súas particularidades dun determinado tipo de atencións específicas. De feito, para que nos fagamos unha idea, este tipo de doenzas (agrupadas baixo o paraugas das siglas ECV) provocan preto de 2 millóns de mortes ao ano en Europa. A isto cómpre engadir, sinala o CiTIUS, a tendencia destas enfermidades a convertérense en crónicas, “o que non axuda a reducir a complexidade do seu tratamento”. Entre os principais atrancos cóntanse o seguinte: acadar un correcto seguimento do paciente no seu fogar. Ou sexa, unha constante monitorización que responda axeitadamente a unhas enfermidades que, por desgraza, son difíciles de erradicar nas persoas que as sofren. Dito doutro xeito: cómpre achegar algo continuo no tempo para algo que tamén é continuo.
pulse-trace-163708_1280.jpgA tecnoloxía desenvolvida polos investigadores do CiTIUS diríxese principalmente a afrontar este reto, e máis nestes tempos nos que se constata que os sistemas de saúde non teñen os medios precisos para realizar un seguimento correcto dos pacientes. Ao fío disto, engade o centro da USC, un dos labores fundamentais que cómpre levar a cabo é rastrexar posibles desviacións do impulso eléctrico do que depende a propagación dos latexos no interior do corazón, alteracións de rumbo sobre o normal funcionamento do devandito órgano que poden provocar ameazas potenciais para a saúde do enfermo. Para detectar estas desviacións -que tamén recolle o aparello tradicional ECG-, os investigadores lograron deseñar un sistema que detecta todos os patróns de actividade eléctrica mentres esta ten lugar, funcionando como un sistema de alerta que prevén ao cardiólogo do risco que poida estar a correr un paciente en tempo real.
Botando man de dúas bases de datos de referencia
A comunidade internacional de investigadores botan man no seu camiño de localizar con fiabilidade posibles cambios nos latexos de dúas bases de datos: MIT-BIH Arrhytmia Database e AHA ECG Database. Combinando técnicas de procesamento de sinal con estratexias de agrupamento empregadas na intelixencia artificial, o traballo presentado polos investigadores do CiTIUS non só describe unha solución que é quen de separar as diferentes variantes de latexo con gran precisión (98,56% no MIT-BIH e 99,56% na AHA) senón que é quen de facelo por vez primeira en tempo real. Segundo explica o CiTIUS, estamos pois ante “un avance de extraordinaria relevancia, xa que constitúe o fundamento científico dunha posible integración desta tecnoloxía sobre dispositivos wearable, como camisetas intelixentes, reloxos, pulseiras… ou calquera outro complemento asociado ao paciente que poida proporcionar información sobre o seu estado de saúde as 24 horas do día”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?