Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Santiago asina un convenio con Vodafone para o control da xestión dos refugallos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Santiago asina un convenio con Vodafone para o control da xestión dos refugallos

Redacción
Publicado: 07/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

santiago_vodafone.jpgO Concello de Santiago anunciou os días pasados a sinatura dun convenio coa empresa de telefonía Vodafone de cara á realización dunha proba piloto no eido da xestión de residuos. O dito proxecto, inserido na plataforma Vodafone Cidade Conectada, achega ás cidades o desenvolvemento de servizos intelixentes que aumentan a eficiencia, a xestión e a habitabilidade das mesmas. O acordo foi subscrito polo alcalde, Agustín Hernández, e polo director en Galicia de Vodafone, Miguel Fernández Ares.
Con esta idea, sinalouse, preténdese dotar de aparellos de medida a certos colectores de refugallos da cidade, que estarán conectados vía radio coa plataforma intelixente de Vodafone. Esta plataforma conta cun Centro Intelixente de Operacións (IOC), que permite facer seguimento e xestionar os servizos e sistemas urbanos dun xeito máis intelixente grazas a unha visión única e centralizada das operacións e a unha gran capacidade analítica.
E que se persegue con este acordo? Pois segundo explicaron “mellorar o coñecemento de xestión de residuos da cidade así como controlar a calidade do servizo de recollida selectiva de aqueles”. Asemade, este dispositivo posibilitaría a execución de medidas encamiñadas a facela máis eficiente, de maneira que redundaría nunha mellora da calidade de vida dos seus cidadáns e un incremento da sustentabilidade do sistema.
O proxecto botará a andar mediante a escolla dunha serie de colectores de residuos de recollida selectiva, tanto de papel e cartón coma de vidro. Nestes colectores instalarase un sensor volumétrico, que conterá unha SIM de Vodafone, e permitirá coñecer a posición dos colectores na cidade, un seguimento en tempo real da enchedura dos mesmos e amosará de maneira visual cando está cheo ao 80%.
Por último, dicir que esta medida forma parte das propostas de Cidade Intelixente nas que se está a traballar en Compostela, cunha duración inicial de 10 meses que podería ser prorrogable. De feito, forma parte do proxecto Smart iAgo, onde a xestión de RSU (Residuos Sólidos Urbanos) é un dos alicerces. Amais, o Concello está traballando nun prego que incluiría como novidade a modalidade de Compra Pública Innovadora.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?