Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés inicia a súa saída da crise apostando polo I+D+i
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés inicia a súa saída da crise apostando polo I+D+i

Redacción
Publicado: 07/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20150407_televes_01.jpgTelevés orientou a súa actividade cara ao desenvolvemento de solucións para o que se coñece como fogar dixital, edificios intelixentes e a smart city, así como á busca de elementos que permitan facer máis sustentables as grandes infraestruturas, dende un punto de vista que vai dende o uso enerxético ata o de auga, segundo salientaron esta mañá os responsables da compañía durante a visita á súas instalacións do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, quen puido así coñecer o Centro Tecnolóxico de Televés, que reúne os recursos de I+D+i do grupo.
Ao desenvolvemento tradicional de infraestruturas relacionadas coa televisión, o lecer e as telecomunicacións, agora súmase este “novo concepto de cidades intelixentes”, segundo destacou o director xeral da compañía, Santiago Rey, quen engadiu que tras varios anos de crise que afectou ás contas da firma, Televés atópase “xa en números” que lle “permiten” abordar novos proxectos en materia de I+D+i.
Ao respecto, concretou que a compañía inviste uns 6,5 millóns de euros ao ano (un 7%) a “desenvolvemento en I+D+i de novos produtos e novas tecnoloxías”. Ademais, engadiu, “a partir de aí hai un grande investimento do que é a fábrica automatizada”.
Así as cousas, ás cuestións sobre se Televés considera que xa se superou a mala situación económica, afirmou que en termos da macroeconomía se pode dicir que si pero que para os axentes económicos o relevante é ser “capaces” de competir en mercados “nos que non se está so” e a competencia “sempre é dura”, constatou.
Sobre proxectos concretos, detallou que os relativos ao fogar dixital teñen que ver con resolver temas de saúde e benestar social, de modo que se poida integrar a determinados colectivos nas novas sociedades, dende o punto de vista das tecnoloxías.
20150407_televes_02.jpgO conselleiro de Economía e Industria quixo salientar que “os proxectos de Televés atópanse moi aliñados cos obxectivos claros da industrialización de Galicia”, xa que a compañía contribúe a “facer unha Galicia máis competitiva, máis innovadora e máis exportadora, que nos permite ter unha maior presenza no eido internacional”. Uns parámetros aos que, segundo sinalou, responde a Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0, que busca “facer unha Galicia máis competitiva trasladando ao tecido produtivo unha maior competitividade dos nosos produtos”.
Esta Axenda sentará as bases para a modernización industrial da Comunidade a través do equilibrio dos sectores tradicionais e os de futuro, e a hibridación multisectorial para xerar sinerxías entre sectores; do fomento da cultura da innovación; e impulsando a fábrica intelixente.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?