A Cámara de Comercio de Santiago organiza o vindeiro xoves 16 unha xornada de balde sobre unha cuestión que nos colle ben de preto, aínda que esteamos fóra do ámbito propio das institucións públicas: o fomento da Administración Electrónica, a eAdministración, nas pequenas e medianas empresas e nos autónomos. A sesión terá horario de 11.00 a 12.30 horas. Desenvolverase no salón de actos da entidade cameral e contará coa colaboración do Concello de Santiago.
O presidente da entidade, Jesús Asorey, e a concelleira de Economía de Santiago, Reyes Leis, serán os encargados de inaugurar o evento, destinado a dar a coñecer os usos da factura electrónica entre as pequenas e medianas empresas, microempresas e autónomos da área de Santiago. Estará impartida pola técnica da Axencia Tributaria (AEAT), Raquel Boiza, o máis polo coordinador nacional do Programa eAdministración da Cámara de España, Juan Miguel Cuellar, e o técnico de Camerfirma, Luis Arias. Esta iniciativa, liderada pola Cámara de España e financiada cor fondos FEDER da Unión Europea, pretende estender o uso de recursos como os trámites en liña, a facturación electrónica e a sinatura dixital para achegar a Administración ás empresas e maximizar a mellora da súa produtividade e competitividade. “Para acadar este propósito”, sinala a Cámara de Comercio de Santiago, “o plan fomenta que as empresas adopten metodoloxías para incorporar a mellora de procesos e o uso das ferramentas relacionadas coa eAdministración de xeito sistemático á súa actividade empresarial cotiá”.
A Cámara de Comercio de Santiago afondará nas vantaxes da eAdministración para as PEME
Compartir Este Artigo
