Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG lembra a necesidade de prepararnos para unhas ameazas TIC que non paran de medrar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG lembra a necesidade de prepararnos para unhas ameazas TIC que non paran de medrar

Redacción
Publicado: 08/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cpetig_xornada_ourense.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia organizou este martes na Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense unha sesión ilustrativa e divulgativa sobre os principais delitos tecnolóxicos que sofren hoxe en día a Sociedade do Coñecemento e os seus usuarios. Falamos da Xornada de Informática Pericial do CPETIG que anunciamos os días pasados. Previamente á sesión, pola mañá, celebrouse unha rolda de prensa para presentar os principais temas a tratar na xornada. Entre os datos máis salientables achegouse o seguinte: a proliferación das TIC implica enormes ricos para a seguridade tanto persoal como das organizacións empresariais.
No acto informativo cos medios participaron a directora da ESEI, Ana Garriga; o secretario do CPETIG, Juan Luis Miguéns; e os dous relatores da xornada, José Luis Rivas, director de LIFe, Laboratorio de Informática Forense Europeo, e Víctor Salgado, avogado-socio do bufete Pintos&Salgado.
Os expertos coincidiron en salientar que “o complexo e cambiante escenario tecnolóxico pon de relevo o importante labor dos peritos informáticos, tanto en ámbitos laborais, como civís, ao obxecto de intervir en casos de ciberdelitos, cada vez máis frecuentes, como despidos laborais producidos a raíz de informacións publicadas en Facebook”.
Na rolda de prensa e ao fío do devandito (estre contexto de demanda crecente de peritaxe TIC), o CPETIG lembrou que conta cun Corpo Oficial de Peritos, COP, integrado por 21 profesionais, a disposición para asistencia en casos penais, en virtude do convenio asinado coa Dirección Xeral de Xustiza.
“A privacidade está máis ameazada que nunca”, en palabras de Victor Salgado na sesión cos medios, “a teor da progresiva relevancia dos delitos informáticos que soben un 40% cada ano, aínda que soamente se denuncia unha reducida porcentaxe de casos, sobre o 10%”. Segundo fixo saber, detrás deste silencio está en ocasións o temor das empresas vítimas a ver prexudicada a súa reputación corporativa ou a perder a confianza do mercado. Malia complexidade que representa o control dos ciberdelitos, en opinión de Salgado as forzas e corpos de Seguridade do Estado, tanto a Policía como a Garda Civil, están moi preparadas para perseguir a ciberdelincuencia, se ben contan “cunha escasa dotación de medios”.
Na súa intervención, José Luis Rivas destacou a necesidade de asegurar a cadea de custodia e os dereitos individuais para evitar esta clase de ataques, entre os que sinalou como un dos máis habituais a suplantación de identidade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?