Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os concellos galegos estrean unha ordenanza para avanzar na Administración electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os concellos galegos estrean unha ordenanza para avanzar na Administración electrónica

Redacción
Publicado: 08/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20150408_amtega_01.jpgOs concellos galegos teñen desde hoxe á súa disposición a Ordenanza de Administración Electrónica para a Administración Municipal, unha ferramenta tipo para facilitar ás entidades locais o regulamento dos procedementos telemáticos que hoxe presentaron a directora da AMTEGA, Mar Pereira, o presidente da FEGAMP, José Manuel Rey, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, en representación das entidades que fixeron posible este modelo de ordenanza.
No acto de presentación salientouse a importancia de proporcionarlle ás entidades locais ferramentas que lles faciliten a implantación da Administración electrónica e a necesidade de incidir na colaboración entre administracións para garantirlle a cidadáns e empresas uns servizos dixitais de calidade.
20150408_amtega_03.jpgA directora da AMTEGA destacou que xa en 2010 a Xunta e a FEGAMP a plasmaron nun convenio o compromiso de consolidar un novo modelo de relación entre as administracións públicas e os cidadáns, apostando por compartir, reutilizar, evitar a duplicación de esforzos e recursos, e avanzar na prestación de servizos conxuntos para sociedade.
Mar Pereira lembrou que o labor realizado nos últimos catro anos desde a Administración autonómica permitiu poñer á disposición dos concellos unha carteira de servizos dixitais chave para a implantación da eAdministración como o servizos de acreditación e sinatura dixital gratuítos, que empregan preto de 140 entidades locais; a Plataforma de Contratos Públicos con 130 concellos dados de alta ou a recente Plataforma para a Licitación Electrónica na Administración Local, Leal.gal, que se está a pilotar no Concello de Santiago e nas Deputacións de Ourense e Pontevedra.
Unha das iniciativas fundamentais para a compartición de recursos é a plataforma de interoperabilidade da Xunta, Pasaxe!, que entrou en funcionamento o pasado ano e que posibilita a conexión entre os servizos dixitais das distintas administracións. Unha medida que redunda directamente en beneficio da a cidadanía, evitando que teñan que presentar a mesma documentación en distintas Administracións. (documentos de identidade, títulos formativos, certificados de discapacidade..). A día de hoxe conta con 28 servizos e está previsto acadar os 60 co novo Plan de Goberno e Administración Dixital.
Este Plan, presentado recentemente no Consello da Xunta, establece tamén a extensión do sistema de notificacións electrónicas aos concellos, que permite o envío e recepción de notificacións das diferentes administracións públicas galegas nunha caixa de correo persoal de forma segura e confidencial.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?