Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As xornadas Cando Mario coñeceu a Clío converten a Historia en videoxogo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As xornadas Cando Mario coñeceu a Clío converten a Historia en videoxogo

Redacción
Publicado: 09/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_xornadas_cando_mario_coneceu_a_clio.jpgTirar proveito da canle audiovisual, dos medios de comunicación e, en definitiva, do progreso é unha boa táctica para dar a coñecer a Historia (con maiúsculas) do noso pasado. É por iso que o Campus de Ourense acollerá do 16 ao 23 de abril a terceira edición das Xornadas Cando Mario Coñeceu a Clío. Detrás da organización deste evento atópanse a Delegación de Alumnos da Facultade de Historia coa colaboración do centro, da Asociación de Antigos Alumnos da mesma facultade e de El 8º Historiador.
“Este ano celebraremos a terceira edición das xornadas, que cada ano van consolidando a súa programación. Seguiremos na mesma liña de anos anteriores de intentar difundir como se transmite a historia a través dos medios audiovisuais, desde o cine e os videoxogos ata os cómics”, apunta David Morenza, organizador da actividade xunto a Ángeles Coello e Xoel Díaz. Desta volta, a maior parte das intervencións correrán a cargo de estudantes da Facultade de Historia, aínda que tamén se convidou a participar a alumnado doutros centros, tanto do campus de Ourense coma de fóra del, salientando a participación de estudantes da área de deseño.
En canto á programación destas Xornadas Cando Mario coñeceu a Clío, dicir que comeza o día 16 de abril coa celebración pola tarde dun torneo do videoxogo Age of Empires II, para o que é preciso previa inscrición.
O día 20 o xogo Assassin´s Creed II, permitirá aos participantes facer un paseo diferente e virtual pola Italia do Renacemento (Florencia e Venecia).
Completa esta programación unha demostración de esgrima antiga que terá lugar o día 21 de abril.
Os días 22 e 23 celebraranse o resto das xornadas cun amplo programa de conferencias sobre xogos, videoxogos, xogos de rol e series de televisión de carácter histórico.
Marián Ferro será a encargada o día 22 de abranguer a serie de TVE Isabel, baseada na vida da raíña Isabel I a Católica. Na súa intervención tentará responder á pregunta de se se trata dun recurso histórico ou é só lecer. Patricia Valle, Yira Calvo e Antonio Rodríguez falarán do xogo de rol Ordalía e do uso nel da historia. Pola súa banda, David Morenza presentará unha conferencia na que explicará como estudar Historia a través dos videoxogos.
Para rematar, o día 23 Alberto González falará sobre a historicidade das campañas de Age of Empires II e Pablo Rodríguez sobre a serie Hispania. Asemade, haberá un espazo para a presentación de pósters.
As sesións desenvolveranse no salón de actos do Edificio de Ferro e para asistir a elas non é preciso inscribirse con anterioridade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?