Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: InLugo comeza nova andaina con accións de divulgación TIC na contorna da cidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

InLugo comeza nova andaina con accións de divulgación TIC na contorna da cidade

Redacción
Publicado: 09/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

inlugo_comeza.jpgFinalmente comezou este mércores a nova tempada de actividades do Centro de Innovación Social, InLugo, que xestiona a Fundación TIC (Deputación Provincial). A nova andaina, que arrancou en seis parroquias do termo municipal da propia Cidade da Muralla, achega como principal novidade a inclusión de cursos e obradoiros en toda a provincia. O obxectivo destas actividades: achegar as novas tecnoloxías a todos os maiores de 55 anos, con independencia do seu lugar de residencia. Segundo informa a Deputación este segundo trimestre haberá cursos e obradoiros en 11 Concellos e 10 parroquias do concello de Lugo, amais das habituais na sede do centro. En total, 53 accións e preto de 600 prazas gratuítas.
Os primeiros cursos desenvólvense o 8 e 9 de abril nas parroquias de San Pedro de Mera, Santa María de Bóveda, San Xóan do Campo, Poutomillos, Santa Comba e Coeses, ás que se sumarán o 27 e 28 de abril, as de Meilán, Rubiás, Santiago de Saa e Calde. En cada unha delas haberá un curso de catro horas repartido en dous días.
Os veciños de San Pedro de Mera, en horario de 11:00 a 13:00 horas e os Poutomillos, de 16:30 a 18:30, participan no taller: Mantemos en forma o cerebro; os de Santa María de Bóveda e Santa Comba no de Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece a túa tableta; e os de San Xoán do Campo e Coeses no de Toma e retoca a túas fotos coa tableta.
Polo que respecta ao ámbito provincial e segundo explica a Deputación, o sábado comezarán en Friol as actividades que se desenvolverán en 11 concellos, e que se ampliarán a todos os municipios da provincia en vindeiras edicións. Haberá dous cursos en cada municipio “co obxectivo de facilitar o uso das novas tecnoloxías aos maiores sen ter que desprazarse do seu lugar de residencia”, explica o organismo provincial. Os dous cursos de Friol serán os días 11, 18 e 24 de abril. Na parroquia de Condes impartirase Manexo básico de ordenador e na de Carballo, Atréveste con internet?. A semana que vén, do 13 ao 16 de abril, o InLugo achegarase ao Concello de Castro de Rei con: Estimulación cognitiva e funcional con videoconsolas e Atréveste con internet? Os cursos continuarán en vindeiras datas en Meira, Pol, Guitiriz, Castroverde, O Corgo, Vilalba, Xermade, Guntín e Muras.
Na sede do InLugo as actividades comezarán a semana que vén. En total 273 prazas repartidas en 21 obradoiros e cursos, dos que 14 xa teñen todas as prazas cubertas. Para os outros sete, os interesados aínda poden apuntarse a través de fundaciontic.org e deputacionlugo.gal ou chamando ao número de teléfono 982 225 186, segundo informa a Deputación. “Os cursos”, explica o organismo provincial galego, “abordarán o manexo de diversos dispositivos como o computador, a tableta ou o smartphone, así como conceptos básicos para manexarse por internet ou en diferentes redes sociais”. Polo que se refire aos obradoiros, “traballarán diferentes capacidades cognitivas e funcionais como a memoria, a atención, a orientación espacial ou o equilibrio co computador, a tableta ou as vídeoconsolas”. Todas estas actividades están incluídas na actuación Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia que xestiona a Fundación TIC a través dunha encomenda da Deputación con fondos exclusivamente provinciais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?