Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TRedess acudirá ao NAB Show como aposta polos mercados americanos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TRedess acudirá ao NAB Show como aposta polos mercados americanos

Redacción
Publicado: 09/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

tredess_fourth_series.jpgTRedess, a filial da corporación Televés especializada en solucións para a extensión de cobertura da Televisión Dixital Terrestre (TDT), participará un ano máis no NAB Show, onde presentará como principal novidade a gama Fourth Series, unha nova xeración de transmisores e gap-fillers de ata 350 watts que foi optimizada en eficiencia enerxética, ao dotala de tecnoloxía Ultra-Wide-Band Doherty.
NAB Show é a principal cita do sector TV Broadcasting en América e desenvolverase na cidade estadounidense de Las Vegas entre o 13 e o 16 de abril. TRedess presentará os seus produtos no posto #SU12114, onde realizará demostracións en vivo do funcionamento dos equipos Fourth Series e os visitantes terán a oportunidade de probar as súas características avanzadas e o seu alto rendemento. Igualmente, no expositor mostrarase a Compact Series de TRedess, solución óptima para escenarios multicanles, que foi amplamente instalado polos principais operadores de redes TDT en todo o mundo.
3U_Frontal_doble.jpgCun deseño avanzado para redes DVB-T/T2 e ISDB-T/Tb, os equipos Fourth Series xuntan flexibilidade, tamaño compacto e unha gran sinxeleza de instalación e operación, grazas á súa filosofía de deseño todo-en-un, con potencias de saída de ata 350 watts.
A aplicación de tecnoloxía Ultra-Wide-Band Doherty permite reducir significativamente o consumo enerxético dos transmisores de 350 watts, utilizando o mesmo hardware en toda a banda UHF e mantendo as súas altas prestacións e sinxeleza de manexo, tanto en operación coma en mantemento.
No deseño da Fourth Series, TRedess envorcou máis dunha década de experiencia como fabricante especialista en extensión de cobertura de redes TDT. Coa participación en NAB Show 2015, a firma aposta por posicionar o produto nos mercados americanos, algúns dos cales se achan inmersos en procesos de implantación da Televisión Dixital Terrestre. Actualmente, a filial de Televés conta con proxectos en países como España, Francia, Polonia, Hungría, Marrocos ou Vietnam, e ten máis de 14.000 equipos instalado en campo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?