Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os estudantes de cuarto curso de Enxeñaría de Telecomunicación sorprenden cos seus proxectos nos LPRO Days
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os estudantes de cuarto curso de Enxeñaría de Telecomunicación sorprenden cos seus proxectos nos LPRO Days

Redacción
Publicado: 13/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_teleco.jpgDende a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación (UVigo) puxeron en marcha unha mostra para facer gala, publicamente, dos moitos e variados proxectos tecnolóxicos innovadores xurdidos da canteira do centro. Trátase da segunda convocatoria de LPRO Days, unha presentación pública de traballos en grupo para estudantes de cuarto curso (na recta final do Grao en Enxeñaría de Telecomunicación) impulsada polo profesor Carlos Mosquera. A mostra acubilla arredor de 70 estudantes e máis dunha ducia de proxectos.
Divididos en grupos de cinco ou seis persoas e coa tutela de dous docentes, levan tres meses traballando nun produto, aplicación ou sistema innovador que será do que dependa a súa nota final. Nesta segunda edición dos LPRO Days, o devandito docente involucrou a 20 profesores do centro que axudan e avalían os traballos dos grupos. Asemade, Mosquera introduciu novidades na nova convocatoria, como é o cariz multidisciplinar do proxecto na actualidade.
lpro_g12.jpgO venres pasado, os grupos expuxeron cadansúas iniciativas nos corredores da escola. O docente salientou, con motivo das sesións de presentación, que este tipo de iniciativas permiten mellorar competencias transversais como o traballo en grupo, a comunicación, etc, pero tamén lles “axuda a subir a estima, a comprobar o que poden facer cos coñecementos que teñen”. Mosquera tamén fixo saber que o ano pasado algunha das propostas “transcendeu alén da actividade” e entrou na convocatoria de Galicia Open Future, como é o caso de HelpPark. Respecto ás valoracións que obterán os proxectos, serán os compañeiros, os titores e un tribunal específico habilitado para a ocasión os que avalíen as propostas exhibidas e o traballo de cada un dos membros dos grupos, co fin de establecer a nota final.
lpro_g6.jpgEntre os trece traballos que foron expostos na escola, predominan as aplicacións móbiles, as redes sociais e os dispositivos programables. Segundo nos conta a Universidade de Vigo, nos corredores da EET púidose ver un sistema de xeolocalización mediante pulseira para persoas dependentes, unha aplicación para compartir música de xeito anónimo entre localizacións próximas, unha maceta intelixente e rede social para seareiros das plantas, un sistema de control ambiental do fogar, outro para a detección e aviso de situacións anómalas, un Theremin ou instrumento electrónico que soa sen necesidade de tocalo fisicamente, un controlador táctil de móbil para bicis, un espectrómetro baseado en Arduino, unha aplicación para a integración de datos de explotacións agrarias en ERP, un detector de inclinación dun robot controlado por radio, un controlador de bomba de calor de xeotermia, un sonómetro baseado en Arduino e un radar de corto alcance en banda S.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?