
Nunha fase inicial presentáronse 31 obras, das cales 10 foron seleccionadas por un xurado profesional (Raúl Lorenzo, fotógrafo; Francisco Rojo Villar, fotógrafo; Pedro Tasende, xornalista; e Adrián Viña, gabinete de comunicación do Concello da Laracha) como semifinalistas. No apartado de votación popular entre os membros da páxina de Facebook de Mar de Caión, con 215 gústame, foi escollida xunto con Atardeceres e As estrelas de Caión como unha das tres finalistas. Por último, resultou gañadora por unanimidade do xurado na última fase de selección.
Segundo explican os organizadores do certame, grazas á expectación xerada polo mesmo, o seu potencial de viralidade e as interaccións dos seareiros de Facebook, pasouse durante o período no que ficou activo o concurso dos 795 aos 878 seguidores na dita rede social.
Resolto o concurso en liña de fotografía Paisaxes de Caión
Compartir Este Artigo
