Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A ETSE de Santiago festexa o seu patrón cunha chea de recoñecementos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A ETSE de Santiago festexa o seu patrón cunha chea de recoñecementos

Redacción
Publicado: 16/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

etse_santiago_premios.jpgA Escola Técnica Superior de Enxeñaría da USC celebrou hoxe o día do seu patrón (Leonardo da Vinci) cunha actividade que incluíu relatorios, un repaso polas accións máis salientables levadas a cabo polo centro e, tamén, a entrega de diferentes recoñecementos para a comunidade de estudantes e investigadores. O acto foi presidido polo vicerreitor de Comunicación e Coordinación, Xosé Pereira. Durante a xornada, o director xerente do Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), Javier García Tobío, pronunciou a conferencia CESGA: computar para competir. Logo da lectura da memoria de actividades do centro do curso pasado a cargo da secretaria, Purificación Cariñena Amigo, desenvolveuse a entrega de galardóns.
Os premios resoltos foron os seguintes: o Leonardo á Docencia en Enxeñaría Química a Marta Carballa Arcos, Mª Sonia Freire Leira, Eva Rodil Rodríguez, Mª Teresa Moreira Vilar, Ana Mª Soto Campos e Antonio Sousa Pedrares; en Enxeñaría Informática a José Carlos Cabaleiro Domínguez, Mario Antonio Lado Campelo e Alejandro José Tobar Quintanar; no Máster en Enxeñaría Ambiental a José Antonio Aldrey Vázquez, Gumersindo Feijoo Costa, Mª da Alba Nogueira López e Elena Mª Peña Vázquez; no Máster en Enxeñaría Química e Bioprocesos a Gumersindo Feijoo Costa, Anuska Mosquera Corral e Ana Mª Soto Campos; e no Máster en Tecnoloxías da Información a Paulo Félix Lamas, Roberto Iglesias Rodríguez e José Varela Pet.
Os premios Leonardo á Investigación concedéronse a Gumersindo Feijoo Costa, Juan Manuel Lema Rodicio e Mª Teresa Moreira Vilar, do Departamento de Enxeñaría Química; e a Antonio J. García Loureiro, Julián Flores González e Roberto Iglesias Rodríguez, de Electrónica e Computación.
O Premio Coremain ao mellor traballo de fin de grao e de Máster en Enxeñaría Informática recibiuno Sabela Alexandra Sobrino San Martín e do Máster en Tecnoloxías da Información foi para Pablo José Viqueira Becerra. O que entrega VIAQUA ao mellor traballo de fin de máster en Enxeñaría Ambiental recolleuno Tomás Francisco Allegue Martínez. Ademais, María González Iglesias, Carlos Maquiera González e Patricia Seoane da Silva recolleron o premio á Calidade Lingüística polo traballo Planta de produción de caprolactama.
Segundo nos conta a Universidade de Santiago, na mesma cerimonia desenvolveuse a entrega dos premios extraordinarios de doutoramento e fin de carreira, aos mellores TFM, TFG e PFC. Na súas diversas categorías e titulacións foron premiados Raúl Valín Ferreiro, Ian Vázquez Rowe, Vanessa Sesto Varela, Yovanna Gómez Castro, Tomás Francisco Allegue Martínez, Diego Antonio Pérez Montes, Silvia Núñez Rubinos, Constantino Antonio García Martínez, Bárbara Marina Daudé Santos, Carlos Maquieira González, Brais Bosquet Mera, Mª del Pilar Otero López, David López Rivas, Diego Antonio Pérez Montes, Javier López Fandiño, María González Iglesias, Adrián Soto Paz, Nara Vega Prado, Sergio Nogueiras Fernández, Roberto Noya Noya, Jorge Alberto Suárez Garea, David García Rielo, Vanesa Teijeiro Seijas e Raúl Villoch García.
Na categoría de mellores expedientes recolleron os seus respectivos premios Vanessa Sesto Varela, Carlos Maquieira González, Brais Bosquet Mera, Tomás Francisco Allegue Martínez, Diego Antonio Pérez Montes, Constantino Antonio García Martínez e Silvia Núñez Rubinos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?