Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arredor de 700 persoas participan a partir deste venres en EscolaTIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arredor de 700 persoas participan a partir deste venres en EscolaTIC

Redacción
Publicado: 17/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

escolatic-2.jpgEste venres 17 (ata mañá pola tarde) desenvólvese no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a segunda edición de EscolaTIC, un evento sobre docencia e novas tecnoloxías inzado de conferencias, experiencias, obradoiros… dirixidos a todo o profesorado da nosa comunidade . O programa contará coa presenza de persoeiros de grande relevancia no ámbito educativo, como son César Poyatos, Linda Castañeda e Andrea Giráldez, e servirá de vehículo á presentación de experiencias de integración da tecnoloxía en centros galegos. Segundo informou a organización esta semana, o número de persoas que van participar na experiencia rolda a cifra de 700, o que nos dá unha idea nidia da importancia e do alcance da iniciativa.
A creatividade, o desenvolvemento das competencias no mundo tecnolóxico no que se atopa o ensino e o emprego dispositivos “de forma efectiva e creativa” serán os temas centrais das conferencias plenarias que se irán desenvolvendo a partir deste venres logo do xantar.
Os obxectivos que se pretende acadar son os seguintes: Primeiro, impulsar e apoiar o compromiso do profesorado coa modernización educativa a través da aplicación das TIC nos procesos de ensino-aprendizaxe; segundo, promover o intercambio de experiencias de boas prácticas coas novas tecnoloxías dixitais; terceiro, reflexionar sobre as propostas metodolóxicas que contribuirán a unha mellor integración das TIC nos centros.
O evento vén da man da Consellería de Cultura e Educación e das Estruturas de Formación Permanente do Profesorado.
Programa do venres 17
16:15 – 16:45
Acreditación e control de sinaturas.
Recepción
16:45 – 17:00
Inauguración
Sala Santiago
17:00 – 17:30
Conferencia A transformación da educación na era dixital. Unha visión dende Galicia/ Manuel Vila López / Carlos Vázquez Mariño.
Sala Santiago
17:30 – 19:00
Conferencia Competencia dixital docente ou competencia docente nun mundo dixitalizado. Linda Castañeda
Sala Santiago
19:10 – 20:00
Experiencias.
Escornabot: Robótica infantil para todas as idades. Tucho Méndez e María Pousa.
Sala Santiago
Experiencias.
Portafolios dixital en educación secundaria: ePortafolio de estatística matemática. Luis Javier Rodríguez.
Sala Obradoiro
Obradoiros. Personaxes de Andel. Nuria Garabal e Susana Lamela.
Sala 12
Sala Aberta. Atención á diversidade e universo dixital. Juan José Fernández.
Sala 25
20:10 – 21:00
Experiencias. As Barxas Emprende: Produtora Audiovisual /Luz Beloso e María José Soto.
Sala Santiago
Experiencias. Senticolor/José Ángel Penas.
Sala Obradoiro
Obradoiros Personaxes de Andel/ Nuria Garabal e Susana Lamela.
Sala 12
Sala Aberta A Formación en TIC, está á altura?/Pablo Nimo.
Sala 25

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?