Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Carballo ponse no epicentro da creación de contidos dixitais co seu Festival Interplay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Carballo ponse no epicentro da creación de contidos dixitais co seu Festival Interplay

Redacción
Publicado: 17/04/2015
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

carballo_interplay_11155048_515441798607744_7394922272868822469_o.jpgFinalmente comezou en Carballo a edición 2015 do Festival Interplay (CIP15), que é un certame pioneiro a nivel galego e estatal sobre un fenómeno tecnolóxico e audiovisual que non só está aquí para ficar, senón para espallarse e meterse nos nosos fogares: o fenómeno das webseries. O festival, que se desenvolve no Pazo da Cultura e no Fórum Carballo ata o 18 de abril, constitúe en boa medida un escenario duplo: un espazo para a proxección de obras audiovisuais de vangarda (que cinguen as características das series tradicionais cos modernos xeitos de distribución e fornecemento que subministran as TIC) e un espazo para o intercambio de experiencias e puntos de vista sobre o feito de fabricar webseries. En realidade, Interplay é hoxe por hoxe un gran escaparate de contidos dixitais galegos, estatais e de terras tan afastadas como México, Arxentina, Francia ou Reino Unido.
carballo_interplay_11053153_515485828603341_21771276359307961_o.jpgSegundo fixo saber o Concello de Carballo (organizador do certame) na inauguración do festival, “o Concello quere apostar polo gris, pero non polo gris do cemento, senón neste caso pola materia gris” e pola cultura. Na apertura, amais do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Regueira, tamén estiveron presentes a directora do festival, Sonia Méndez; os padriños, Teresa Segura e David Sainz, da serie Malviviendo; e os convidados especiais do CIP15, Xavi Daura e Esteban Navarro de Venga Monjas. O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, subliñou no acto de inauguración que “Carballo está limitando co mundo e estamos encantados de que estes días o mundo limite con Carballo”, nun festival que se converte nun “espazo vivo, alegre e ilusionante” o que xustifica, dixo, que “pague a pena seguir loitando pola mocidade e polos novos valores”.
Polo que respecta ao programa, sinalar que abriu fogo coa estrea nocturna de dous produtos audiovisuais: o capítulo 1×06 de Entertainment, titulado La reunión; e a comedia Searching for Meritxell, de Burnin” Percebes e Venga Monjas. A xenda do venres 17 comeza ás 10.00 horas no Fórum Carballo cunha clase mestra con Belén Santa-Olalla sobre Webseries e Conducttr – Claves e trucos para conectar coa audiencia. Sinalar que Conducttr é un software para crear e manter audiencia e que “busca adquirir, activar e outorgarlle unha experiencia diferente ao público”, explica a organización do certame, que tamén recorda que Belén Santa-Olalla é consultora creativa de Conducttr e ten experiencia traballando con solucións de mobilidade, creatividade transmedia e desenvolvemento de experiencias interactivas e de universos narrativos.
Seguindo co programa, sinalar que o Fórum acolle ás 12.00 horas unha charla con Joan Carles Martorell (2btube) sobre Youtubers, profesionalización e produción de contidos no tubo tolo. O relatorio tratará en boa medida sobre o papel da televisión tradicional a día de hoxe (como perde público por debaixo dos 25 anos) e sobre o rol que desenvolve neste panorama a canle YouTube (un novo prime-time cun ecosistema profesional completamente novo). Lembrar que Joan Carles Martorell é licenciado en Comunicación Audiovisual pola UAB. Realizador audiovisual e produtor multimedia, ten dirixido curtametraxes (premiadas internacionalmente), televisión e proxectos web, ademais de ser colaborador docente en varios centros universitarios. Xa ás 13.00 horas ten lugar a segunda edición do coloquio aberto con creadores Vermú con CREA, un encontro informal entre creadores froito da colaboración entre o Carballo Interplay e CREA, a Asociación de Directores e Realizadores de Galicia.
Xa pola noite celébrase o InterFight: I Encontro de labazadas audiovisuais, unha especie de regueifa entre os proxectos Malviviendo e Venga Monjas, presentado por Enrique Lojo e Daniel Vilaverde. Segundo informa a organización, “a través dunha serie de probas, os contrincantes debullarán os seus vídeos favoritos de Internet, porán a proba os seus coñecementos sobre Youtube e tentarán devolverlle os golpes ao adversario”. Despois de cear, ás 23.00 horas, a Sala Dublín pon a nota lúdica cunha sesión golfa con Poetarras. Recordar que Poetarras, amais dun proxecto audiovisual e artístico é un colectivo arterrorístico formado por Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde. Naceu en 2013 logo dunha noite de esmorga a base de licor café e Galicolas. Os 3 mozos decidiron facerlle a competencia a Resistencia Galega e converterse no referente da loita armada do pobo galego, aínda que tiveran que renunciar ao traballo e á parella que non tiñan. As súas armas son sketches e cancións, humor e música, retranca e melodías.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?