Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant amosa os seus avances tecnolóxicos perante o sector galego da saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant amosa os seus avances tecnolóxicos perante o sector galego da saúde

Redacción
Publicado: 21/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gradiant_espazokit.jpgGradiant e o Clúster da Saúde de Galicia celebran este venres unha serie de innovadoras (por formato elixido e por temática) xuntanzas cos representantes do sector sanitario e médico na nosa terra. Trátase do evento Espazo KIT Saúde, a desenvolver na sede do centro tecnolóxico en Vigo. Os espazos KIT (Knowledge, Innovation and Technology, en galego Coñecemento, Innovación e Tecnoloxía), explica Gradiant, son charlas de breve duración con temáticas de interese para os socios da devandita plataforma empresarial. Son en definitiva pezas de coñecemento avanzado sobre as moitas potencialidades das tecnoloxías de vangarda coas que traballa Gradiant para o eido da saúde.
O principal obxectivo destes espazos, engade o centro tecnolóxico vigués, é afondar en temas de interese para os socios do CSG, “con obxecto de transmitir información aplicable á súa actividade, promover o achegamento entre os socios, xerar networking e identificar oportunidades de negocio no devandito sector”.
Máis polo miúdo, o evento do venres encamíñase a dar a coñecer aos socios do CSG as últimas tecnoloxías desenvolvidas polo equipo do centro con potencial no ámbito da eSaúde, “co obxecto de identificar oportunidades para a súa aplicación mediante posibles colaboracións entre Gradiant e as empresas”.

PROGRAMA DA XORNADA


10:00 Presentación Cluster Saúde – Luis Álvarez Sestelo, Presidente, Cluster Saúde
10:05 Presentación Gradiant – Fernando Jiménez, Xerente Gradiant
10:10 eSaúde Gradiant. Competencias e casos de éxito – Helena Fernández. Directora Área eSaúde, Gradiant
10:20 Data Analysis, aplicacións no sector Saúde. Procesado de datos xenéticos. – Lorena González, Enxeñeira Área de eSaúde, Gradiant
10:30 Process Mining, aplicacións no sector Saúde. Optimización e mellora de procesos. – Mario Blanco, Enxeñeiro Área de eSaúde, Gradiant
10:40 Outras tecnoloxías Gradiant aplicables ó sector Saúde – Miguel Regueiro, Account Manager, Gradiant
10:55 Q&A
11:00 Coffee Break + Zona Demo
12:00 Clausura – Luis Álvarez Sestelo, Presidente Cluster Saúde

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?