Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha tese da UVigo constata o valor de Internet para que as TV manteñan audiencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha tese da UVigo constata o valor de Internet para que as TV manteñan audiencia

Redacción
Publicado: 21/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_silvia_garcia_miron.jpgSilvia García Mirón, profesora da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, vén de avaliar na súa tese de doutoramento o potencial de Internet para o presente e futuro das televisións. Segundo se desprende do seu traballo (unha fonda análise da programación de Antena 3: dúas décadas de emisións), constátase que as canles de TV atoparon na Rede “unha ferramenta estratéxica para manter audiencia”. Ademais, sinala, a Internet xa perdeu o compoñente primeiro de ameaza, cedendo o terreo a un concepto novo de “ferramenta alternativa, ao tempo que complementaria, á televisión tradicional para a distribución de contidos”.
Na súa tese fálase da Internet como estratexia multisoporte: “Unha estratexia que vai alén da simple programación en franxas horarias para abranguer a difusión de contidos na Internet, a súa promoción en redes sociais ou o desenvolvemento de aplicacións para móbiles relacionadas con eses contidos”.
A súa investigación, como dixemos, parte dun caso concreto para guindar conclusións e conceptos de aplicación xeral: o caso de Antena 3, canle que celebra este 2015 o seu 25 aniversario. Segundo fai saber a profesora, Antena 3 apostou claramente por permitir a visualización en liña dos seus contidos, creou contidos exclusivos para a Rede e divulgou nas redes sociais información privilexiada dos seus programas e serie. O obxectivo e resultado de todo isto: dar forma a unha cadea que incidise na participación e na interactividade co espectador.
Esta postura da devandita canle é aplicable hoxe en día a outras, creando, sinala a investigadora, un panorama de emisoras que están a apostar (e están obrigadas a apostar) por estratexias innovadoras de distribución de contidos, nas que “a visión debe de estar posta na vida do produto máis aló da súa emisión, algo que se debe facer a través do espectador”, explica García Mirón, que informa na súa tese que arestora as canles están orientadas a fomentar a participación dos seus seareiros “converténdoos en usuarios a través dos servizos que lles ofertan en Internet”. Como por exemplo a participación en redes sociais, en foros e comunidades ou promovendo “encontros dixitais cos rostros da canle, enquisas, votacións ou ránkings”.
Segundo concluíu esta investigadora, Antena 3 “asumiu dunha forma máis temperá cá competencia a necesidade de adoptar outras estratexias de distribución de contidos que tivesen en conta o potencial das TIC”. Ao seu xuízo, foi a primeira televisión de difusión xeral en contar con canle propia en YouTube e a primeira en ofrecer un servizo de novas para teléfonos móbiles. “Foi a partires do ano 2009”, relata García Mirón, “cando esta canle situou no proxecto 3.0 o eixo das súas estratexias empresariais, programáticas e de comunicación”.
A súa tese preséntase baixo o seguinte epígrafe: Antena 3, nacemento e evolución (1990-2010). Contidos, estilo e estratexias de programación en prime time da primeira emisora de televisión privada española. Foi dirixida pola profesora Mónica Valderrama.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?