Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Tecnópole abre a inscrición para o campamento tecnolóxico de verán
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Tecnópole abre a inscrición para o campamento tecnolóxico de verán

Redacción
Publicado: 22/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

tecnopole_campamento_tecnoloxico_veran.jpgAs innovadoras fórmulas de facer tecnoloxía e preparar innovación inauguradas en 2013 polo Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) van ter continuidade cunha terceira entrega en 2015 (e as que veñan). Falamos do Tecnópole Technological Workshop (T2W), para entendernos o Campamento Tecnolóxico do Verán da Tecnópole, unha proposta a medio camiño entre seminario de coñecemento avanzado e actividade estival de lecer para rapaces que colle o mellor dos dous formatos sen diminuír o seu alcance, máis ben o contrario. A nova edición do campamento vén de abrir o seu prazo de inscrición, e a súa apertura oficial está prevista para o vindeiro mes de xullo. A Tecnópole lémbranos unha vez máis que a proposta é única en Galicia. Respecto ao seu papel no eido estatal, senón é única pouco lle falta.
Este ano o campamento coincide co décimo aniversario da Galiciencia, o que significa (entre outras cousas) que os dous equipos de alumnos que presenten os mellores proxectos terán asegurado un emprazamento propio para amosalos ao público durante esta edición especial da feira, que se celebrará en novembro.
O campamento celebrase entre o 1 e o 14 de xullo e estará dirixido a 40 rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos. Todos os participantes traballarán no desenvolvemento de proxectos tecnolóxicos con diferentes graos de complexidade en función das súas idades. “Para facelo posible”, sinala a Tecnópole, “o programa incluirá nocións sobre o deseño de aplicacións móbiles e videoxogos, edición fotográfica e de vídeo, creatividade, biotecnoloxía, etc”. Segundo engade a organización, este ano “a actividade estrela” será a robótica, con sesións de formación todos os días do campamento.
Respecto de a quen se dirixe o campamento, a Tecnópole lembra que aínda que a inscrición estea aberta a estudantes de toda Galicia sen restricións, “a proximidade xeográfica recomenda a actividade para persoas que residen ou mesmo que pasan o verán na provincia de Ourense”.
tecnopole_campamento.jpgUn dos grandes obxectivos da actividade, extensible a todas as idades, é fomentar o desenvolvemento da capacidade resolutiva e innovadora e incidir na dinamización da axilidade mental e da creatividade. Ademais, sinala a Tecnópole, “trátase de procurar que os alumnos e alumnas adquiran novos coñecementos tecnolóxicos, de potenciar neles actitudes como o respecto mutuo, a colaboración e a socialización, xunto con habilidades relacionadas con falar ben en público e a práctica do inglés”.
Todas as actividades desenvolveranse en equipo, mediante a formación de grupos de rapaces da mesma idade, aos que se estimulará para conseguir a organización interna que lles permita desenvolver habilidades sociais a través da discusión dos proxectos, fomentando ao mesmo tempo o respecto entre os compañeiros e o traballo en equipo. “Dado que se trata dunha actividade integrada no tempo de vacacións dos participantes”, explica a organización, “tratarase de fomentar a aprendizaxe a través do xogo, potenciando a creatividade e baseándose nas emocións e experiencias persoais”. Polo tanto, durante o campamento os participantes practicarán actividades deportivas en equipo ao aire libre, como a natación, o tenis ou o atletismo.
O custo por participante será de 260 euros con todo incluído, dende o transporte dende varios puntos da cidade de Ourense ata a comida e todas as actividades. A preinscrición está xa aberta na web t2w.tecnopole.es.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?