Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña acolle esta semana unhas xornadas sobre o potencial das tecnoloxías móbiles no eido da saúde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coruña acolle esta semana unhas xornadas sobre o potencial das tecnoloxías móbiles no eido da saúde

Redacción
Publicado: 22/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Sinatura do acordo formalizado entre o COETG e o Colexio de Médicos da Coruña
Sinatura do acordo formalizado entre o COETG e o Colexio de Médicos da Coruña
O Colexio Oficial de Médicos da Provincia da Coruña e o Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia organizan mañá e pasado mañá, 23 e 24 de abril, as primeiras Xornadas sobre Aplicacións Móbiles na Saúde, uns encontros convocados para axudar aos facultativos a aproveitar as novas tecnoloxías na súa práctica diaria. Desenvolveranse na sede do Colexio Médico na Coruña, na Avenida de Salvador de Madariaga, 66, de 17.00 a 20.30 horas.
As charlas serán impartidas por enxeñeiros colexiados de telecomunicación, e terán, en palabras dos organizadores, “un marcado carácter práctico”. O xoves, os temas a tratar serán a aplicación de dispositivos móbiles na consulta médica, a forma de seleccionar as aplicacións máis axeitadas a cada caso, a procura de información, a axuda ao diagnóstico, e as ferramentas de apoio para o seguimento, rexistro e seguimento de pacientes.
O venres 24 de abril poranse sobre a mesa os usos desta tecnoloxía para o control de doenzas concretas, como a hipertensión (tensión alta), a doenza pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), a diabetes, a hipercolesteriolemia (colesterol alto) e as afeccións da pel. Esta actividade, explican os colexios, é o primeiro resultado do convenio de colaboración que ambas as institucións colexiais asinaron o pasado 25 de marzo, e no que se comprometeron a traballar xuntas para “fomentar o desenvolvemento e a incorporación das novas tecnoloxías da comunicación e a Sociedade da Información no ámbito médico”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?