Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O certame de raizame galega D3Mobile será presentado en Ciencia en Redes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O certame de raizame galega D3Mobile será presentado en Ciencia en Redes

Redacción
Publicado: 23/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

Participantes nunha das anteriores edicións de Ciencia en Redes en Madrid
Participantes nunha das anteriores edicións de Ciencia en Redes en Madrid
A nova convocatoria de Ciencia en Redes terá presenza galega. Así nolo conta a Universidade de Santiago, que lembra que o campionato de modelado 3D de precisión para móbiles, D3Mobile Metrology World League 2015, figura entre as iniciativas escolmadas pola Asociación Española de Comunicación Científica para a súa presentación na cuarta edición de Ciencia en Redes, un encontro destinado a xornalistas, investigadores, comunicadores, responsables de museos, institucións e empresas adicadas á ciencia e á investigación.
Recordar tamén que o certame galego D3Mobile, promovido polo grupo USCAN3D da USC para potenciar as vocacións científicas en estudantes de ensinanzas medias a través do teléfono móbil, recibiu esta semana outro recoñecemento da fundación estatal FECYT, que cualificou o proxecto lugués (xunto con TodoCosmos) como exemplo referencial de práctica innovadora.
Segundo engade a USC, a selección do proxecto D3Mobile entre a ducia de presentados en Ciencia en Redes implica a participación por vez primeira da universidade galega no primeiro evento de España destinado especificamente a formación 2.0 en ciencia e tecnoloxía. Como lembraremos, Ciencia en Redes, foro de intercambio e debate, xunta os mellores expoñentes do mundo científico dixital na comunicación.
Respecto dos proxectos escolmados polo comité científico para a súa presentación na sección denominada 10 minutos de gloria na vindeira convocatoria de Ciencia en Redes, os responsables do evento sinalaron que as 12 propostas que van expor foron escollidas polo “seu interese entre os preto de medio centenar de proxectos recibidos”. O devandito evento celebrarase o vindeiro 28 de maio na Casa Encendida de Madrid. Segundo informan os organizadores, a inclusión de D3Mobile neste foro “contribuirá de xeito decidido a unha maior difusión deste proxecto pioneiro da USC, ao tempo que tamén reforzará e potenciará a imaxe da institución académica compostelá”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?