Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA celebra o Día Internacional das Rapazas e as TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA celebra o Día Internacional das Rapazas e as TIC

Redacción
Publicado: 23/04/2015
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cesga_girls.jpgHoxe celébrase unha data crucial para rematarmos nun futuro próximo coa fenda dixital de xénero (de uso, de formación, de profesión). Falamos do Día Internacional das Rapazas e as TIC. Na nosa terra, o centro de actividade está no Centro de Supercomputación de Galicia, CESGA, a partir das 12.30 horas, con presentacións de casos de éxito de emprendemento TIC feminino, debates e relatorios presididos pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, e máis polo director do CESGA, Javier García Tobío.
Logo da benvida a cargo de García Tobío está prevista a intervención (ás 12.35) do presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, Fernando Suárez, quen participou hai pouco na presentación dun estudo temático moi relacionado coa celebración de hoxe, do que falamos en detalle en Código Cero. Despois da mensaxe do presidente do CPEIG, serán as quendas de María Eugenia Pérez (subdirectora xeral de Formación Profesional), de Sonia Pazos (directora da Área de Centros da Axencia Galega de Innovación) e Susana López Abella.
Arredor das 12.55 horas chegará o miolo da celebración, coa presentación conxunto de diferentes experiencias e visións de tres emprendedoras tecnolóxico-dixitais. Participan na mesa rendonda Verónica Ramallal, socia fundadora de Pekecha.com, Máría Rosa Vázquez (CEO de Appentra) e Mariel Martínez Estévez (cofundadora de Ameiga). Ás 13.25 celebrarase unha rolda de intervencións dende o centros de secundaria galegos que participan nos festexos hoxe, conectados por multiconferencia. Xa pola tarde, ás 17.00 horas, está programado un obradoiro aberto para escolares de entre 10 e 14 anos e máis unha visita guiada polo CESGA, incluíndo unha sesión práctica achegar á rapazada a linguaxe dos computadores de xeito sinxelo e ameno.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?