Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone mellora a app do sistema de bicicletas compartidas de Barcelona
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone mellora a app do sistema de bicicletas compartidas de Barcelona

Redacción
Publicado: 23/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

vodafone_bicing.jpgOptar por novas canles de transporte, deixando nun segundo termo os nosos vehículos cómodos mais altamente contaminantes foi un dos alicerces da creación de Bicing, o sistema de bicicleta compartida da cidade de Barcelona, inaugurado en 2007. Trátase dun servizo que coida o medio ambiente converténdose nun complemento ideal ao transporte público. Visto o auxe deste dispositivo, Barcelona de Serveis Municipals (B:SM), a empresa de publicidade Clear Channel e Vodafone veñen de presentar a nova versión de aplicación para móbiles do servizo Vodafone Bicing, baseada no concepto da gamificación (ou uso de técnicas propias dos xogos e o lecer en actividades non recreativas para converter unha actividade pouco atractiva en algo que motive á persoa a participar nela, como sería premiar con insignias certos logros ao longo da actividade).
A app, que se presenta aos usuarios con feitura de xogo, premia as condutas saudables e sustentables que colaboran co medio ambiente e fomenta a realización de actividade física. Á vez, dá a oportunidade aos usuarios de divertirse co servizo e de conseguir diversos agasallos por empregalo, como accesorios de bicicleta ou activos de Vodafone Bicing (abonos, viaxes da modalidade eléctrica, etc.).
Esta nova aplicación, dispoñible para iPhone e Android, avalía os desprazamentos sustentables de cada usuario, e cuantifica 3 parámetros da viaxe en función do peso e a idade do usuario: os gramos de CO2 aforrados, as calorías queimadas e o nivel de felicidade, que se mide segundo o nivel de endorfinas liberadas despois de facer unha actividade saudable. Por cada viaxe, segundo estas 3 variables, e segundo a tipoloxía da viaxe (subida ou baixada, máis longo ou máis curto, etc.) o xogo dará un máximo de puntos mensuais a cada xogador, que poderá trocar por diferentes agasallos.
Asemade, a app achega información sobre cal foi a última ancoraxe de cada usuario, o que permite verificar a correcta devolución da bici na última viaxe realizada. Para fomentar o correcto uso do servizo, daranse puntos adicionais cando se consulte esta información. Amais disto, os usuarios poden consultar as estatísticas completas da súa actividade en calquera intre a través da propia aplicación.
A app ten diferentes niveis. No nivel I, Vodafone Bicing irá lanzando diferentes retos aos usuarios, por exemplo acadar un nivel determinado de aforro de gramos de CO2. Estes retos faranlles gañar puntos extras, e non terán un límite de tempo, o que permitirá aos xogadores ir ao seu ritmo e familiarizarse así co xogo. A medida que o usuario vaia avanzando e gañando puntos, subirá ao nivel II, e será nesta segunda fase cando se introducirá no xogo un factor competitivo con outros usuarios. Para poder entrar no xogo, os participantes deberán comezar a sesión da mesma maneira, como o fan cando entran na súa zona de usuarios na web, empregando o mesmo nome de usuario e contrasinal.
Alén das novidades, a app Vodafone Bicing mantén todas as funcionalidades actuais: unha listaxe das estacións, o mapa que as sitúa e indica a dispoñibilidade de bicis e ancoraxes, e a posibilidade de marcar estacións preferidas. A finais de maio, está previsto que estea dispoñible o novo planificador de rutas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?