Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As pulseiras deportivas apenas achegan protección contra os ciberdelincuentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As pulseiras deportivas apenas achegan protección contra os ciberdelincuentes

Redacción
Publicado: 24/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

fitness_pulseira.jpgA compañía de seguridade informática Kaspersky achegou esta semana unha serie de datos de interese relativos ás pulseiras de fitness, moi empregadas por todo tipo de persoas (deportistas de elite ou simples afeccionadas) nos seus adestramentos diarios en boa medida para sacar rendemento á información de utilidade (progresos, calorías queimadas, pulsacións, distancias percorridas) que achegan cando se conectan cos dispositivos intelixentes. Segundo se conta, os analistas da compañía levaron a cabo unha serie de exames para verificar se os brazaletes eran susceptibles de intervir por programadores maliciosos e o resultado foi afirmativo.
De feito, engade a firma, “resulta relativamente sinxelo piratear unha destas pulseiras e, malia que polo de agora non revelan información demasiado útil para os ciberdelincuentes, nun futuro e con dispositivos máis sofisticados, é posible que usen estes datos no seu proveito”.
A empresa lembra que existe un amplo abano de opcións dentro deste tipo de wearables e que xa hai no mercado varias aplicacións relacionadas que permiten sincronizar as pulseiras co teléfono móbil. A maioría delas opera con tecnoloxía Bluetooth LLE para conectarse co smartphone, un tipo de conexión que tendo en conta que a maioría dos brazaletes non deixan marxe para incluír contrasinais (non hai pantalla nin teclado), non fornece unha axeitada protección. Grazas á proba realizada, descubriuse que cun simple código Android SDK ábrese a porta á maioría de pulseiras de fitness que hai no mercado.
Tras lograr conectarse con estes dispositivos, o seguinte paso dos analistas foi crear unha aplicación para buscar brazaletes de actividade de forma automática, e a este respecto, sinala a empresa, “os resultados non se fixeron agardar”. Así, en pouco máis de seis horas conectouse a 54 dispositivos distintos. Máis polo miúdo, os investigadores Kaspersky conseguiron conectarse, sobre todo, a dispositivos das marcas Jawbone e FitBit pero tamén de Nike, Microsoft, Polar e Quans. “Todo iso”, explica a compañía, “malia dúas supostas limitacións que teñen estes brazaletes: o seu radio de acción que, sobre o papel é de 50 metros aínda que adoita ser moito menor, e que un aparello non pode conectarse con máis dun teléfono á vez”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?