Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA abre nova convocatoria para que as PEME tiren proveito dos seus recursos de computación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA abre nova convocatoria para que as PEME tiren proveito dos seus recursos de computación

Redacción
Publicado: 24/04/2015
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

finisterrae_etc_24_.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) quere avanzar en achegamento ás empresas galegas e do norte de Portugal. Dito doutra maneira: quere ir un paso máis alá nun hábito que xa vén relativamente de antigo, o de ofrecer a súa infraestrutura para a supercomputación e para o procesado masivo de datos en proxectos de investigación e desenvolvemento. Estes obxectivos vanse canalizar a través da Convocatoria de Acceso a recursos de Computación e Procesado Masivo de Datos para PEME, unha iniciativa que se dirixe a dar servizo a empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal. Amais de apoiar con infraestrutura os seus proxectos de I+D, o CESGA tamén quere contribuír á formación do persoal das empresas en recursos de computación de altas prestacións e o que se coñece como Big Data.
O obxectivo da convocatoria, en palabras do centro galego, é “facilitar ao sector o acceso a estes recursos computacionais, para que as PEME melloren a súa competitividade internacional a través do desenvolvemento de novos procesos, produtos ou servizos”. A iniciativa, máis polo miúdo, abrangue as tecnoloxías de calquera dos servizos de computación do CESGA, financiadas pola Xunta de Galicia, o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), o Fondo Europeo para o Desenvolvemento Rexional (FEDER) e o programa POCTEP. Os tipos de acceso posibles son os seguintes: acceso telemático (acceso a horas de cálculo de xeito non presencial) e acceso presencial (estadías de investigación e desenvolvemento, innovación e formación, a levar a cabo de maneira exclusiva no propio CESGA).
Como dixemos, amais da posibilidade de empregar a fondo os recursos computacionais do centro galego, as empresas seleccionadas recibirán a formación precisa sobre o emprego e aproveitamento dos ditos recursos, técnicas de paralelización e soporte por parte dos técnicos do CESGA para executar o proxecto proposto.
As PEME innovadoras que queiran facer uso destes servizos teñen que solicitar o acceso a través dun formulario que poderán obter a través dunha web específica do CESGA, icts4pyme.cesga.es, onde ademais terán á súa disposición datos complementarios sobre as condicións do acceso e a forma de solicitude, que poderá facer do 6 ao 30 de abril de 2015 (ata as 17 horas) . Este acceso está enmarcado dentro do Programa de Colaboración Transfronteiriza (POCTEP), a través do proxecto CloudPYME2 con referencia 0682_CLOUDPYME2_1_E.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?