Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O fondo editorial da Xunta ábrese á cidadanía a través da Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O fondo editorial da Xunta ábrese á cidadanía a través da Rede

Redacción
Publicado: 27/04/2015
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

libraria_xunta_02.jpgO conselleiro de Cultura, Educación, e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, presentaron a Libraría Institucional de Galicia, unha plataforma virtual na que por primeira vez a Administración autonómica concentra todo o seu fondo editorial e pono á disposición do conxunto da cidadanía e das librarías. Cultura e Educación é a encargada da xestión da Biblioteca mentres que a AMTEGA puxo en marcha a plataforma dixital e o Cixtec (dependente de Facenda) pon a disposición a súa plataforma de pagamento en liña.
Pola súa banda Mar Pereira, destacou que libraria.xunta.gal é a primeira canle de comercio en liña da Administración autonómica e que é unha das pezas da estratexia global da Xunta para a dixitalización, catalogación, promoción e difusión do contido e patrimonio cultural galego. Tamén lembrou outras medidas neste ámbito como a entrada en funcionamento o pasado ano da plataforma de lectura electrónica GaliciaLe, con máis de 1.700 títulos dispoñibles, ou a publicación dos novos portais de Cultura de Museos de Galicia. Pereira salientou que a libraría leva o “apelido galego .gal”, o dominio que identifica os contidos galego na Rede.
A directora da AMTEGA avanzou que, entre os obxectivos desta estratexia de difusión do patrimonio cultural, está o de que Galicia conte cun único sistema de xestión para todas as bibliotecas da Comunidade e un catálogo único que nos permita acceder en liña a todos os fondos bibliográficos da nosa rede de bibliotecas.
libraria_xunta_gal.jpgA Libraría Institucional funciona a través dunha plataforma electrónica a través da cal, todos os cidadáns e librarías -independentemente de onde se atopen- teñen acceso aos seus contidos e servizos. Así mesmo, a través desta plataforma centralízase a distribución e comercialización do seu fondo editorial tanto en formato físico coma electrónico, tanto venal coma non venal. Por tanto, será de xestión directa do persoal da administración e non a través de distribuidoras externas. Esta tamén será a nova canle para que as librarías e outros puntos de venda adquiran as publicacións da Xunta de Galicia. Ás publicacións gratuítas tan só se aplicarán gastos de transporte en caso de que se solicite o seu envío físico, e as publicacións venais (de pago) manterán o seu PVP.
As persoas interesadas nunha publicación venal (libro, folleto, revista,…) poderán realizar o pagamento a través da propia páxina web ou mediante transferencia bancaria. En canto a plataforma lle confirme a corrección do pagamento ao usuario/a, este poderá descargar a publicación ou seralle remitida ao seu domicilio. O prezo final dunha publicación está constituído polo prezo da publicación (só no caso de que sexa venal), e os gastos de distribución e transporte (se está en formato físico).
A día de hoxe, no catálogo xa están cargadas preto de 750 publicacións posteriores ao ano 2010 e ata actualidade. Porén, está previsto ir incorporando á plataforma todas as publicacións anteriores a 2010 das que existan exemplares para a súa distribución.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?